Noticias y Actualidad en Residencia Viveiro
Queremos compartir con vosotros nuestras novedades y actividades
Más informaciónMenú de inverno
28/10/2024
Co cambio de hora, chega tamén o cambio de menú. Aquí poderedes consultar o menú de inverno que os nosxs residentes poderán disfrutar a partir de hoxe.
Más informaciónMenú do mes
30/9/2024
Hoxe tamén nos toca actualizar o menú do mes de outubro. Que aproveite!
Más informaciónAniversarios do mes
30/9/2024
Aquí estamos un mes máis celebrando os aniversarios do mes. Moitas felicidades para elas e eles! e que cumpran moitos máis!
Más informaciónDía internacional do Alzheimer
24/9/2024
Este pasado venres, celebramos o Día Internacional do Alzheimer, enfermidade que, por desgracia, nos afecta moi de cerca. Para conmemorar este día e a todxs os maiores que sufren esta enfermidade, ocorréusenos acudir aos recordos. Para iso collimos o Google Maps e viaxamos ás casas onde vivían os nosos residentes. Saíron anécdotas moi bonitas e algún que outro ata se emocionou lembrando historias familiares. Valoremos os recordos que temos, por todxs aqueles que xa olvidaron.
Más informaciónMenú do mes de setembro
10/9/2024
Aquí tedes o menú do mes de setembro, dende o próximo luns 2 ata o domingo 29. Un saúdo
Más informaciónSan Roquiño querido!
20/8/2024
A pasada semana celebramos as festas de Viveiro no noso centro. O mércores 14 tivemos unha comida nos xardíns do centro, con empanada e paella. Pola tarde tivemos a sorte de contar coa compañía da Banda de Acordeonistas da Mariña, que nos amenizaron con clasicos da música popular. O xoves 15 tivemos o tradicional brindis e un menú especial como toda boa festa se merece. Os nosos residentes puideron disfrutar de ensaladilla e carrilleras con patacas panadeira. Polo momento, rematamos coas festas de agosto pero... en calquera momento montamos outra!
Más informaciónAniaversarios do mes de Xullo!
8/8/2024
Aquí tedes algún dos aniversarios que celebramos o mes de xullo. Moitos parabéns para eles e elas!
Más informaciónVisita ao mercado
8/8/2024
O pasado día 1 de agosto achegámonos ao mercado que se celebra tódolos meses en Viveiro. Algún residente incluso aproveitou para renovar o armario!
Más informaciónE volvimos celebrar o Encontro Intercentros!!!
31/7/2024
O pasado día 24, celebramos o Encontro Intercentros. Este evento víñase celebrando ano tras ano no noso centro e, por mor da pandemia, tívose que cancelar. Este ano decidimos que xa era hora de retomalo e fixémolo por todo o alto! Tivemos de invitados aos residentes de Laraxe, Narón, Ferrol e Outeiro de Rei. Para todos os participantes foi un día especial no que xantaron ao aire libre, cantaron, bailaron, disfrutaron da música en directo, coñeceron novos e novas amigas e incluso se atoparon con vellas amizades. Dende o equipo de Viveiro damos as grazas ao grupo 'Amigos do Folk' que nos acompañou coa súa música, a todxs xs profesionais das residencias convidadas por axudarnos en toda a coordinación do evento e, por suposto, a todxs xs residentes por disfrutar tanto e facer que o noso traballo mereza a pena. Para o ano, máis e mellor!
:quality(90))
:quality(90))
:quality(90))
:quality(90))