San Roquiño querido!
Publicado el 20 de agosto de 2024
A pasada semana celebramos as festas de Viveiro no noso centro. O mércores 14 tivemos unha comida nos xardíns do centro, con empanada e paella. Pola tarde tivemos a sorte de contar coa compañía da Banda de Acordeonistas da Mariña, que nos amenizaron con clasicos da música popular. O xoves 15 tivemos o tradicional brindis e un menú especial como toda boa festa se merece. Os nosos residentes puideron disfrutar de ensaladilla e carrilleras con patacas panadeira. Polo momento, rematamos coas festas de agosto pero... en calquera momento montamos outra!
)
)
)
)
)
)
)
)
)