XORNADA DE CONVIVENCIA
9/9/2026
O pasado martes tivemos unha xornada de convivencia entre residentes e fillos/as de traballadores/as do noso centro, para que estes coñezan dende dentro a nosa residencia. Os nenos/as pasaron unha mañá diferente realizando múltiples actividades xunto cos residentes. Fixeron diversos xogos, manualidades, experimentos, obradoiro de repostería onde fixeron galletas, gafas de realidade virtual, entre outros. Tanto pequenos como maiores pasaron unha mañá moi divertida, onde tanto pequenos como maiores se beneficiaron enormemente!