Noticias y Actualidad en Residencia Viveiro

Queremos compartir con vosotros nuestras novedades y actividades

  • Xa chegou o bon tempo!

    9/5/2023

    Sae o sol e saímos con él! Que ben sentan estes paseos e charlas disfrutando das agradables temperaturas que xa temos estas semanas.  Esperemos que o tempo o permita e poidamos disfrutar destes paseos durante a época estival!

  • Visita do Colexio Landro

    28/3/2023

    O pasado mércores tivemos a visita dos nenos e nenas do Colexio Landro e realizaron xunto cos nosos residentes este bonito mural da primavera. Mañá teremos a visita doutro grupo tamén do Landro. A idea era rematar o mural pero traballaron tanto na última visita que me da a min que temos que facer outro novo! Qué bonito é ver aos maiores e pequenos traballando xuntos!

  • Noraboa aos premiados!

    15/3/2023

    Dende DomusVi Viveiro queremos dar a nosa noraboa a Alberto Vázquez e David Mon polos seus recentes éxitos acadados. Estes vellos amigos do centro foron premiados coas estatuíllas do Goya e Mestre Mateo, respectivamente. Neste centro traballamos con eles nalgunha ocasión e é unha alegría para nós ver como siguen triunfando nas súas carreiras! Que sigan así!

  • 8M

    9/3/2023

    Onte foi o Día Internacional da Muller Traballadora e nós sumámonos ás homenaxes a este gran colectivo e á reivindicación dos dereitos da muller. A nivel interno, realizamos o visionado dun dos clásicos por excelencia do cine feminista, Thelma e Louise. Algún dxs nosxs residentes xa a vira pero a voltaron ver encantadxs. A todxs gustoulles moitísimo a pesar do dramático final. Por outra banda, rodamos un vídeo para que vexades todxs, no que recopilamos e recitamos algunhas das frases máis famosas na loita do feminismo realizadas por personalidades como Simone de Beouvoir, Frida Kahlo, Coral Herrera... Por aquí vos deixamos o link ao vídeo e unha foto da sesión de cine: 8M DomusVi Viveiro

  • Rematamos o Entroido!

    23/2/2023

    Aquí tedes un resumo de todo o que foi o noso entroido! A verdade e que foi moi completo. Fixemos rosquillas, disfrazámonos e desfilamos e despedimos a festo cun enterro da sardiña tal e como manda a tradición. Lástima non poder saír a ver o desfile a Viveiro pola choiva, pero outro ano será!

  • Rematamos o Aniversario por todo o alto!

    7/2/2023

    Todas as cousas boas teñen o seu final, e as festas da pena despedilas. Pero a pena é moito menor cando a despedida está á altura. Este venres foi o último día do noso 12º aniversario e tivemos a sorte de contar coa Coral de Cariño para acompañarnos. Os nosos residentes disfrutaron dun xantar riquísimo que lles encantou. Logo cantaron coa Coral de Cariño nunha actuación que lles fixo moita ilusión, especialmente á xente que tiña coñecidos por esa zona. Agora toca pensar no Entroido, porque aquí a festa non para! De que tocarán este ano os disfraces... Pronto o saberedes!

  • Menú especial do 12 Aniversario!

    2/2/2023

    Levamos toda a semana de festa e mañá rematamos cun menú moi especial, porque xs nosxs residentes non merecen menos! Por aquí vos deixamos o menú e algunha foto das actividades realizadas. Mañá realizaremos un repaso audiovisual da historia do centro e, ademáis deste menú especial, teremos a oportunidade de disfrutar da actuación da Coral de Cariño.

  • Aniversarios do mes!

    1/2/2023

    Aquí vos deixamos a parte dos que cumpriron anos en xaneiro. Moitas felicidades para eles e que sexan moitos máis!

  • Xa estamos na semana do Aniversario!

    31/1/2023

    O día 1 de febreiro cumprimos 12 anos dende a nosa apertura! Para elo temos unha semana chea de celebracións. Onte decoramos o centro con motivos do aniversario. Hoxe, martes, disfrutaremos da música do Coro de Xunqueira. Mañá celebraremos o cumpreanos con xogos, bingo especial e baile. O xoves seguiremos realizando actividades especiais en gran grupo e o venres festexaremos o fin de festa cun repaso audiovisual da historia do centro, logo un xantar especial e remataremos coa actuación da Coral de Cariño. Por aquí vos deixamos a programación!