Noticias y Actualidad en Residencia Viveiro
Queremos compartir con vosotros nuestras novedades y actividades
)
Día internacional do Alzheimer
24/9/2024
Este pasado venres, celebramos o Día Internacional do Alzheimer, enfermidade que, por desgracia, nos afecta moi de cerca. Para conmemorar este día e a todxs os maiores que sufren esta enfermidade, ocorréusenos acudir aos recordos. Para iso collimos o Google Maps e viaxamos ás casas onde vivían os nosos residentes. Saíron anécdotas moi bonitas e algún que outro ata se emocionou lembrando historias familiares. Valoremos os recordos que temos, por todxs aqueles que xa olvidaron.
)
San Roquiño querido!
20/8/2024
A pasada semana celebramos as festas de Viveiro no noso centro. O mércores 14 tivemos unha comida nos xardíns do centro, con empanada e paella. Pola tarde tivemos a sorte de contar coa compañía da Banda de Acordeonistas da Mariña, que nos amenizaron con clasicos da música popular. O xoves 15 tivemos o tradicional brindis e un menú especial como toda boa festa se merece. Os nosos residentes puideron disfrutar de ensaladilla e carrilleras con patacas panadeira. Polo momento, rematamos coas festas de agosto pero... en calquera momento montamos outra!
)
E volvimos celebrar o Encontro Intercentros!!!
31/7/2024
O pasado día 24, celebramos o Encontro Intercentros. Este evento víñase celebrando ano tras ano no noso centro e, por mor da pandemia, tívose que cancelar. Este ano decidimos que xa era hora de retomalo e fixémolo por todo o alto! Tivemos de invitados aos residentes de Laraxe, Narón, Ferrol e Outeiro de Rei. Para todos os participantes foi un día especial no que xantaron ao aire libre, cantaron, bailaron, disfrutaron da música en directo, coñeceron novos e novas amigas e incluso se atoparon con vellas amizades. Dende o equipo de Viveiro damos as grazas ao grupo 'Amigos do Folk' que nos acompañou coa súa música, a todxs xs profesionais das residencias convidadas por axudarnos en toda a coordinación do evento e, por suposto, a todxs xs residentes por disfrutar tanto e facer que o noso traballo mereza a pena. Para o ano, máis e mellor!
)
Un maio con moita cor!
10/7/2024
Neste mes de maio tivemos moita auga, pero nós puxémoslle boa cara. Nas fotos podedes ver como estuvemos picando o verde para as alfombras do Corpus de Viveiro. Ademáis, o pasado venres, aproveitando a raiola de sol que tivemos, saímos a celebrar Os Maios cun desfile moi colorido e musical. Xa se cheira o verán e nós xa empezamos cas festas!
)
)
)
)
)
)
)
)
)