E volvimos celebrar o Encontro Intercentros!!!
Publicado el 31 de julio de 2024
O pasado día 24, celebramos o Encontro Intercentros. Este evento víñase celebrando ano tras ano no noso centro e, por mor da pandemia, tívose que cancelar. Este ano decidimos que xa era hora de retomalo e fixémolo por todo o alto! Tivemos de invitados aos residentes de Laraxe, Narón, Ferrol e Outeiro de Rei. Para todos os participantes foi un día especial no que xantaron ao aire libre, cantaron, bailaron, disfrutaron da música en directo, coñeceron novos e novas amigas e incluso se atoparon con vellas amizades. Dende o equipo de Viveiro damos as grazas ao grupo 'Amigos do Folk' que nos acompañou coa súa música, a todxs xs profesionais das residencias convidadas por axudarnos en toda a coordinación do evento e, por suposto, a todxs xs residentes por disfrutar tanto e facer que o noso traballo mereza a pena. Para o ano, máis e mellor!
)
)
)
)
)
)
)
)
)