Noticias y Actualidad en Residencia Chantada

Queremos compartir con vosotros nuestras novedades y actividades

  • SAN XOÁN

    22/9/2026

    Como todos os anos, en DomusVi celebramos unha das tardes máis especiais e máxicas do ano: o San Xoán. Nesta ocasión, ademais de compartir unha xornada chea de ledicia e bo ambiente, quixemos engadir un toque moi especial á celebración. Cada persoa residente escribiu os seus desexos e depositounos nunha caixa, coa ilusión de que a maxia da noite de San Xoán axude a facelos realidade. A festa continuou cun delicioso aperitivo antes do xantar, perfecto para ir abrindo o apetito e compartir un bo momento en compañía. E, como manda a tradición, non podían faltar as protagonistas da mesa: unhas saborosas sardiñas, que fixeron as delicias de todos e todas. ¡Umm, que ricas estaban! Foi unha xornada chea de tradición, convivencia e ilusión, na que desfrutamos xuntos dunha celebración que cada ano nos une e nos deixa fermosos recordos.

    Más información
  • CHARLA SOBRE O BO USO DA TECNOLOXÍA

    22/9/2026

    Esta mañá tivemos o pracer de recibir a visita dos Corpos de Seguridade do Estado de Lugo, que impartiron unha charla moi interesante sobre o bo uso das tecnoloxías e as diferentes estafas e fraudes que podemos atopar no seu uso cotián. Ao longo da sesión explicáronnos, con exemplos prácticos e situacións reais, como identificar posibles enganos e que medidas podemos tomar para navegar e comunicarnos con maior seguridade. A charla foi moi participativa e dinámica, o que fixo que resultase aínda máis amena e próxima para todas as persoas asistentes. Os nosos e as nosas residentes quedaron encantados e encantadas coa actividade e, como non podía ser doutro xeito, aproveitaron a ocasión para resolver todas as súas dúbidas. As preguntas sucedéronse durante toda a charla, demostrando o gran interese que esperta un tema tan actual e importante. Queremos agradecer aos Corpos de Seguridade do Estado de Lugo a súa visita e a súa dedicación por achegar información tan útil, contribuíndo a que os nosos residentes poidan facer un uso máis seguro e responsable das novas tecnoloxías.

    Más información
  • Taller de autogestión

    22/9/2026

    Hoy hemos acudido a la feria del pueblo a comprar ropa fresquita para estos días de calor. Cada residente ha realizado trabajo de reflexión, planificación y gestión económica para comprar de forma autónoma lo que necesitaban, luego hemos decidido recuperar fuerzas tomándonos algo.

    Más información
  • Misa de final de mes

    22/9/2026

    Como é habitual cada fin de mes, os nosos residentes asistiron puntualmente á Eucaristía programada no calendario litúrxico mensual. A xornada transcorreu nun ambiente de gran benestar e devoción, destacando unha vez máis polo excelente clima de convivencia e satisfacción xeral que caracteriza a estas tradicionais actividades, nas que todos gozaron dunha experiencia moi gratificante coma sempre.

    Más información
  • Excursión á Carreira de Burros de Escairón

    22/9/2026

    Días de festa e tradición en Escairón! Hoxe, martes día 4 de Agosto, puxemos o broche de ouro ao último día das festas de Escairón cun dos eventos máis agardados e tradicionais de todo o ano: a carreira de burros. Unha actividade tan entretida coma divertida que nunca deixa indiferente a ninguén. Toda a nosa xentiña o pasou xenial gozando do ambiente, animando aos participantes e vendo como corrían os animais. Para rematar a xornada dun xeito inellable, despois da carreira achegámonos ata A Debesa para visitalos de preto. Sen dúbida, vivimos unha xornada inesquecible, moi divertida e cargada do mellor ambiente festivo!

    Más información
  • I OLIMPIADAS DE ENVELLECEMENTO SAUDABLE

    22/9/2026

    Unha experiencia para lembrar nas I Olimpiadas Galegas do Envellecemento Saudable 💙 Para nós, desde DomusVi Chantada, foi unha enorme alegría e emoción poder participar nas I Olimpiadas Galegas do Envellecemento Saudable. Foi moito máis ca unha xornada deportiva: foi un día para compartir, rir, aprender, emocionarnos e, sobre todo, para demostrar que a idade non é un límite para seguir participando, gozando e vivindo novas experiencias. As nosas persoas maiores foron protagonistas dunha xornada chea de ilusión, esforzo e compañeirismo. Ver os seus sorrisos, as súas ganas de participar e a satisfacción de sentirse parte dun acontecemento tan especial foi, sen dúbida, un dos momentos máis fermosos. Este tipo de iniciativas son moi importantes porque fomentan un envellecemento activo e saudable, favorecendo non só a actividade física, senón tamén as relacións sociais, a autoestima, a autonomía e o benestar emocional. Porque envellecer tamén significa seguir tendo ilusións, retos e novas oportunidades. E se hai algo que fixo estas Olimpiadas aínda máis especiais foi o seu carácter interxeracional. Compartir espazo e actividades con persoas de diferentes idades permitiunos comprobar que todas as persoas contan e todas as idades suman. Nenas, nenos, persoas adultas e maiores xuntos, aprendendo uns dos outros e demostrando que a convivencia entre xeracións nos fai medrar a todos. Marchamos desta experiencia cunha gran dose de emoción, orgullo e gratitude. 💙 Grazas por facer posible unha xornada na que a idade non separa, senón que une. Desde DomusVi Chantada, quedámonos cunha certeza: a mellor medalla é poder compartir, participar e seguir sumando momentos felices, a calquera idade. 🏅✨

    Más información
  • EXPOSICIÓN FOLIÓN DE CARROS 2026

    22/9/2026

    🎉 Un ano máis, volvemos á Exposición de Carros de Chantada! 🐄 Como xa é tradición, este ano non quixemos faltar á nosa cita coa Exposición de Carros de Chantada 2026, unha celebración con moitos anos de historia que sempre nos gusta visitar, desfrutar e, por suposto, coñecer un pouquiño máis. Pero este ano a visita tivo un significado moi especial… 💭❤️ Moitos dos nosos residentes e das nosas residentes comezaron a lembrar como era a festa hai anos, compartindo historias, anécdotas e vivencias daquela época. E o máis bonito foi comprobar que algunhas das temáticas representadas nas carrozas lles resultaban moi familiares, xa que chegaron a vivilas en primeira persoa! Entre recordos, conversas e algunha que outra sorpresa, pasamos un momento estupendo, demostrando unha vez máis que as tradicións tamén son unha fermosa maneira de viaxar ao pasado e manter vivas as nosas lembranzas.✨ E despois de tanto percorrido e co calorciño do verán apertando… 🌞 tocaba poñerlle o broche perfecto á xornada: unha boa bebida ben fría para refrescarnos e seguir compartindo momentos xuntos!🥤😄 Porque se hai algo que nos encanta é seguir creando novos recordos sen esquecer os de toda a vida.❤️ Ata o ano que vén, Chantada!🎊

    Más información
  • Concierto de Reyes

    8/1/2026

    Nuestro día de Reyes estuvo lleno de música , como todos los años la Banda de música de Chantada nos trajo un concierto adaptado a los gustos de nuestro residentes. Han bailado y cantado al ritmo de los compases.

    Más información
  • Fin de año -Preparativos

    8/1/2026

    El día de fin de año , hemos realizado un taller e manicura y maquillaje muy especial, nuestras residentes han disfrutado de un manaje de manos y preparación de uñas para deslumbrar a todos en nuestra fiesta de fin de año .Ha sido todo un éxito.

    Más información