EXPOSICIÓN FOLIÓN DE CARROS 2026

Publicado el 22 de septiembre de 2026

🎉 Un ano máis, volvemos á Exposición de Carros de Chantada! 🐄 Como xa é tradición, este ano non quixemos faltar á nosa cita coa Exposición de Carros de Chantada 2026, unha celebración con moitos anos de historia que sempre nos gusta visitar, desfrutar e, por suposto, coñecer un pouquiño máis. Pero este ano a visita tivo un significado moi especial… 💭❤️ Moitos dos nosos residentes e das nosas residentes comezaron a lembrar como era a festa hai anos, compartindo historias, anécdotas e vivencias daquela época. E o máis bonito foi comprobar que algunhas das temáticas representadas nas carrozas lles resultaban moi familiares, xa que chegaron a vivilas en primeira persoa! Entre recordos, conversas e algunha que outra sorpresa, pasamos un momento estupendo, demostrando unha vez máis que as tradicións tamén son unha fermosa maneira de viaxar ao pasado e manter vivas as nosas lembranzas.✨ E despois de tanto percorrido e co calorciño do verán apertando… 🌞 tocaba poñerlle o broche perfecto á xornada: unha boa bebida ben fría para refrescarnos e seguir compartindo momentos xuntos!🥤😄 Porque se hai algo que nos encanta é seguir creando novos recordos sen esquecer os de toda a vida.❤️ Ata o ano que vén, Chantada!🎊

Más noticias