CHARLA SOBRE O BO USO DA TECNOLOXÍA

Publicado el 22 de septiembre de 2026

Esta mañá tivemos o pracer de recibir a visita dos Corpos de Seguridade do Estado de Lugo, que impartiron unha charla moi interesante sobre o bo uso das tecnoloxías e as diferentes estafas e fraudes que podemos atopar no seu uso cotián. Ao longo da sesión explicáronnos, con exemplos prácticos e situacións reais, como identificar posibles enganos e que medidas podemos tomar para navegar e comunicarnos con maior seguridade. A charla foi moi participativa e dinámica, o que fixo que resultase aínda máis amena e próxima para todas as persoas asistentes. Os nosos e as nosas residentes quedaron encantados e encantadas coa actividade e, como non podía ser doutro xeito, aproveitaron a ocasión para resolver todas as súas dúbidas. As preguntas sucedéronse durante toda a charla, demostrando o gran interese que esperta un tema tan actual e importante. Queremos agradecer aos Corpos de Seguridade do Estado de Lugo a súa visita e a súa dedicación por achegar información tan útil, contribuíndo a que os nosos residentes poidan facer un uso máis seguro e responsable das novas tecnoloxías.

Más noticias