SAN XOÁN
Publicado el 22 de septiembre de 2026
Como todos os anos, en DomusVi celebramos unha das tardes máis especiais e máxicas do ano: o San Xoán. Nesta ocasión, ademais de compartir unha xornada chea de ledicia e bo ambiente, quixemos engadir un toque moi especial á celebración. Cada persoa residente escribiu os seus desexos e depositounos nunha caixa, coa ilusión de que a maxia da noite de San Xoán axude a facelos realidade. A festa continuou cun delicioso aperitivo antes do xantar, perfecto para ir abrindo o apetito e compartir un bo momento en compañía. E, como manda a tradición, non podían faltar as protagonistas da mesa: unhas saborosas sardiñas, que fixeron as delicias de todos e todas. ¡Umm, que ricas estaban! Foi unha xornada chea de tradición, convivencia e ilusión, na que desfrutamos xuntos dunha celebración que cada ano nos une e nos deixa fermosos recordos.
)
)
)
)
)
)
)
)
)
)