Noticias y Actualidad en Residencia Cangas

Queremos compartir con vosotros nuestras novedades y actividades

  • ANIVERSARIOS DECEMBRO

    30/11/2021

    Decembro quente, trae o demo no ventre   Xa chegou o derradeiro mes do ano, xa chegou a época de festa e de desfrutar coa familia e coas nosas persoas queridas. É época de facer o que nos queda neste 2021 para comezar o 2022 da mellor maneira posible. Dende a residencia esperamos que sexa un mes moi bo para todas as persoas ligadas a DomusVi Cangas. Este mes temos 12 persoas de aniversario, que son as seguintes: Cristina Monteiro Manuela Sánchez Elvira Carrera María Luisa Collazo Concepción Costas Amelia Suárez Antonio Barreiro Antonia Álvarez Amelia Elisa Blanco Josefa Comedeiro Juana Abalde Emérita Collazo   Un saudo dende o departamento de Animación Sociocultural.

    Más información
  • XA PODEDES DISFRUTAR DA CAFETERÍA DO CENTRO!

    15/11/2021

    Bos días, comezamos a semana cunha boa nova! Esta semana xa podedes disfrutar do servicio de cafetería do centro que abre xa as súas portas. Os horarios poderedes atopalos no seguinte documento. Un saudo dende o departamento de Animación Sociocultural e que sexa do voso agrado o servicio que volve a estar en funcionamento.   Cafetería

    Más información
  • ACHÉGASE O SAMAÍN…

    28/10/2021

    Achégase o Samaín, e esta semana témola chea de actividades relacionadas co tema. Por aquí vos deixo fotos do vaciado das cabazas para poñer por toda a residencia. Un saudo.

    Más información
  • TERCEIRA DOSE DA VACUNA CONTRA O COVID-19

    23/9/2021

    Onte chegaron as terceiras doses da vacuna contra o COVID-19 á residencia DomusVi Cangas. Como xa sabedes, non todas as persoas puideron recibir a dose, xa que teñen que pasar 6 meses entre a segunda e a terceira; e é por iso que cando lle chegue o momento as demais persoas se vacinarán. Fixémosvos chegar dende a residencia un comunicado do médico, Aitor, e outro mensaxe conforme a persoa residente foi vacinada ou non. En caso de que non vos chegara ou fose enviado a outra persoa de referencia, podedes preguntar sen problema ningún. É un momento para estar alegres, xa que a terceira dose aumenta a inmunidade das nosas persoas residentes frente a esta enfermidade que leva connosco moito tempo. Por outro lado, a nosa residencia saiu na portada do Faro de Vigo e na segunda páxina coa noticia enteira, por aquí vos deixo a noticia, tanto en fotos coma o link. https://www.farodevigo.es/o-morrazo/2021/09/23/120-mayores-reciben-dosis-refuerzo-57576034.html         Un saudo dende o departamento de Animación Sociocultural.

    Más información
  • HORARIOS ACTIVIDADES ANIMACIÓN SOCIOCULTURAL

    13/8/2021

    A petición dalgunhas familias, adxunto un cuadro con todas as actividades levadas a cabo polo departamento de Animación Sociocultural. Recordade que na aplicación de DomusVi que podedes descargar para o teléfono móvil, poderedes acceder ao que fai a vosa persoa residente durante o día, xa que se amosa toda a actividade diaria que ten rexistrada. Recordade que isto é un horario semanal que pode sufrir cambios se dende o departamento se considera que debe haber outras actividades, como poden ser paseos cando fai bo tempo, festas, días festivos, etc. Tamén hai que ter en conta que non só teñen actividades por parte do departamento de animación sociocultural, senon que tamén as hai por parte dos departamentos de fisioterapia e psicoloxía, que completan o calendario diario de cada persoa. Calquera dúbida non dubidedes en porvos en contacto conmigo, por aquí vos deixo o meu enderezo electrónico:  [email protected] . Podedes tamén solicitarme na residencia para falar daquelas cousas que teñades dúbidas con respecto ás actividades do centro, ben presencialmente ou chamar por teléfono. Un saudo, por aquí vos deixo o documento das actividades semanais de luns a venres. Horario Actividades Semanales DomusVi Cangas

    Más información
  • DÍA MARCADO CON TINTA NAS PÁXINAS DO FARO DE VIGO

    28/7/2021

    Notición! Para aquelas persoas ás que non lle chegou a información, onte apareceu unha noticia no Faro de Vigo a páxina completa polo día dos avós e das avoas, onde se relata cómo foi o día en liñas xerais e expuxéronse algunhas fotos. É unha gran alegría ver como agora a vida na residencia vai a mellor a pasos axigantados. Por aquí vos deixo unha foto da noticia, o link e a redacción da mesma, por se na foto non se aprecia ben ou non podedes ler a noticia por non estar suscritas ao Faro de Vigo; https://www.farodevigo.es/o-morrazo/2021/07/27/abuelo-dia-55506638.html       El abuelo un día./Cuando era muy viejo.../Me tomó la mano/Y yo me di cuenta/Que ya se moría/Y entonces me dijo./Con muy pocas fuerzas /Y con menos prisa,/prométeme, hijo/Que a la vieja Aldea/Irás algún día/Y al viento del norte/Dirás que su amigo,/A una nueva tierra /Le entregó la vida. Esta letra de Alberto Cortez dedicada al abuelo emigrante hacía saltar las lágrimas a los ojos cuando el cantautor, ya fallecido, se subía a los escenarios, como ayer también ocurrió con los abuelos en la residencia de mayores DomusVi de Cangas, en Aldán, en donde se conmemoró el Día del Abuelo, como en otros centros de la compañía, que organizó un macro encuentro digital de residentes con nietos, bisnietos o tataranietos separados por la distancia. Ellos son los supervivientes de aquella primera ola del COVID-19 que en 2020 se llevó tantas vidas por delante y por eso, el acto era doblemente emotivo. El animador sociocultural de la residencia, Francisco Chapela, con el apoyo de la directora, Laura Cancelo, quisieron que los residentes que tienen lejos a sus familias, pudieras tenerles más cerca y disfrutar de unas horas de armonía y relajación. Chapela explica que muchos familiares de residentes -en Aldán viven 151 personas- están en Estados Unidos, Inglaterra, Canadá, Madrid o al otro lado de Galicia y no pueden verles, incluso llevan años sin estar con sus nietos. Así que desde este centro, el animador se puso en contacto con las familias para celebrar este día y que enviaran cartas, dibujos, fotografías o lo que ellos consideraran -incluso llegaron regalos- para entregar a sus seres queridos en la residencia. Al menos con cuatro se pudo realizar videollamada con familiares en Inglaterra, Madrid o Ferrol. Francisco Chapela asegura que a él le saltaron las lágrimas leyendo algunas de las cartas, como también se emocionaron estos mayores que disfrutan de una tarde muy emotiva y cargada de sentimiento. Muchos de ellos tienen dificultad para leer y Chapela se las leyó las cartas, con interrupciones por la emoción, como la que le leyó a una mujer que no ve a su nieto desde hace 8 años y que, en el mismo acto, -él vive en Canarias- le dio la buena noticia que en una semana estaría con ella. Esta residencia, que fue tan castigada en la primera ola del COVID, vive hoy momentos de tranquilidad, y, día a día, se trabaja para recuperar la normalidad después de que sus residentes recibieran las primeras vacunas, como la población más vulnerable, contra el virus. La directora asegura que las visitas están permitidas todos los días de la semana y con dos personas por familia, aunque con cita previa; y desde hace un mes se permite también la entrada a niños. Al disponer de una amplia zona al aire libre, se ha ampliado el aforo al poder realizar las reuniones en el jardín, asegura Laura Cancelo.

    Más información
  • CHEGA O CINE!

    14/7/2021

    Chegou o cine a DomusVi Cangas! Próximamente comezarase a facer unha sesión de cine por semana para as persoas residentes, xa que é unha actividade diferente e que gusta moito, e poderase recrear ese ambiente cinéfilo que moitas das nosas persoas residentes fai xa moito que non viven. Ainda que moitas veces se observe o cine como algo lúdico sen un maior transfondo, tamén ten unha serie de beneficios, ao considerarse unha actividade psicosocial moi atractiva. Despois de cada sesión de cine falarase da propia película, coa finalidade de que todas as persoas comprendan todas as partes e tratar os temas que toque a película, facendo así que cada unha de o seu punto de vista e se fomente a capacidade crítica. Os beneficios da actividade de sesión de cine ten beneficios psicolóxicos e emocionais moi importantes; Promóvense as relacións interpersoais (mediante a charla posterior ao visionado) Revitaliza Axuda a enfocar os propios problemas Relaxa e desconecta da rutina diaria É un momento para compartir coas amizades ou coa familia Axuda á recuperación de recordos e sentimentos Transmite valores Motiva Provoca risa e fai chorar (traballo das emocións) Desenvolve a nosa creatividade Eleva o espíritu de cada persoa Saca as fortalezas de cada persoa Vense reflexados nas personaxes da película Cando se comece a implantar a actividade, que vai a ser pronto, subiranse ao blog fotos das sesións e información relacionada coa mesma. Un saúdo dende o departamento de Animación Sociocultural de DomusVi Cangas; seguimos traballando para o benestar psicofísico das persoas.

    Más información
  • SAN XOÁN

    24/6/2021

    Hoxe por fin chegou o día, o 24 de xuño tan esperado, San Xoán, no que despois de taaaanto, tanto tempo, volveron as festas á nosa residencia, grazas á boa xestión da pandemia a nivel global e a nivel individual como centro. Non se podía comezar o verán e a volta das festas de mellor maneira. Onte, 23 de xuño, fixéronse pola tarde as augas de San Xoán, para comezar hoxe pola mañá lavando todas as persoas a cara con elas, despois de deixalas pola noite fora. Pola mañá fíxose unha tertulia sobre San Xoán, incluindo nela cousas coma; cómo se sentían ao celebrar este día, cómo o facían antes, e outros temas que ían surxindo pouco a pouco. Xa pasando á tarde chegou a gran festa, sobre as tres e media baixáronse a todas as persoas residentes ao exterior do centro, para poder disfrutar do bo día que facía. Inicialmente amenizouse a merenda ás catro con música e charlas entre residentes, de éstes co persoal, e incluso coas visitas que disfrutaron tamén da tarde. Cando rematou a merenda queimouse a sardiña que se fixera os pasados carnavais nunha fogueira, para finalmente rematar cunha actuación dun dúo con acordeóns. E... Iso non é todo! Para rematar a tarde, bebeuse a queimada e cenáronse sardiñas, pan de millo e empanada, o día foi fantástico, 10 de 10, e esperamos que a partir de agora poidan celebrarse máis días coma este. Por aquí vos deixo algunhas fotos do día! Un saudo.

    Más información
  • NORMAS COVID RESIDENCIAS 21/06

    21/6/2021

    As medidas que están en vigor actualmente, a día 21 de xuño do 2021  na nosa residencia,  son as seguintes: VISITAS Cada persoa residente pode recibir un mínimo de tres visitas semanais. Non hai número máximo de visitas. Poderanse reservar dúas citas para que non se bloqueen todos os ocos de visita e iso impida que outros familiares poidan vir. Cada vez que se consuma unha cita, poderase solicitar outra, sempre e cando non se superen as dúas visitas reservadas por cada persoa residente. As visitas poden ser realizadas por dúas persoas visitantes á vez. As visitas seguen sendo con cita previa. Se alguén ten problemas para reservar algunha visita que o comunique a recepción e intentaremos poñerlle unha solución na máxima brevidade posible.   SAÍDAS Permítense todas as saídas que os residentes desexen e sen límite de duración, salvo que sempre teñen que estar de volta antes da cea (19h aproximadamente). Se desexa que a persoa residente pase a noite na casa, deberíase pedir un permiso domiciliario.   PERMISOS DOMICILIARIOS Os permisos domiciliarios mantéñense igual que ata agora: “As persoas residentes poden ir ao domicilio familiar, sempre e cando sexa por un mínimo de 5 días e o municipio no que resida non se atope en risco extremo. Ao seu regreso deberá presentar unha PCR ou test de antíxenos negativo. Para que as cousas sexan máis fáciles e que a persoa desfrute da súa estancia na casa, realizaremos nós o test de antíxenos na residencia á chegada da persoa, polo que o único necesario é avisar previamente da duración da estancia e o día e a hora do seu regreso.”     Un saúdo dende a residencia DomusVi Cangas.

    Más información