FESTA!
Publicado el 1 de julio de 2022
Onte foi un dia moi especial na residencia, deses que non se olvidan facilmente. Tivemos a tan esperada festa de San Xoán, que non puidemos celebrar a semana pasada polo mal tempo, cunha actuación magnífica na que bailamos e cantamos ata non poder máis, e a maiores fixemos unha pequena fogueira e unha queimada para rematar a tarde. Xa botábamos de menos as festas e as actividades con bo tempo, e neste verán estaremos dándoo todo! De merenda tomáronse as tartas de aniversario, así que tamén tivemos unha merenda diferente. Grazas a todas as familias que estivéstedes pola tarde en horarios de visitas, e esperamos que fose do voso agrado, repetiremos seguro! Por aquí vos deixo algunhas fotografías da tarde. Un saudo, Fran.
)
)
)
)
)
)
)
)
)