Noticias y Actualidad en Residencia Cangas
Queremos compartir con vosotros nuestras novedades y actividades
Más información1 DE MAIO, DÍA DA NAI E DÍA DO TRABALLADOR
26/4/2022
Este domingo é o día da nai, que tamén cadra co día do traballador, e para ter un pequeno detalle coas nosas persoas residentes, e sobre todo coas mulleres, anímovos a escribirlle unha carta na que lle queirades dicir algo e que o garden como recordo dos seus fillos, das súas fillas ou de calqueira outra persoa da familia ou que simplemente lle teña un cariño especial. Podedes realizar tanto unha carta escrita a man e deixala en recepción aclarando que é para o departamento de Animación, ou enviar un correo ao seguinte mail: [email protected] Un saudo dende o departamento de Animación Sociocultural.
Más informaciónPREMIOS FUNDACIÓN DOMUSVI VII EDICIÓN
25/4/2022
No seguinte enlace podedes atopar máis información sobre os premios; http://www.domusvi.es/premios-fundacion/ Ou escanear o seguinte código QR; No seguinte flyer podedes atopar máis información; Flyer-digital-VII Premios Fundación
Más informaciónSEMANA SANTA 2022
14/4/2022
Esta semana adicámola á festividade da Semana Santa con diferentes actividades dende o luns. Por aquí vos deixo algunhas fotos das mesmas. Un saudo dende o departamento de Animación Sociocultural.
Más informaciónPLANNING SEMANA SANTA 2022
4/4/2022
Estamos a piques de chegar á semana santa, que este ano vai dende o día 10 de abril ata o 17 de abril, e as nosas persoas residentes desfrutarán de actividades especiais que gardan relación coa mesma, a maiores de seguir realizando actividades ordinarias diarias dos tres de partamentos (Animación, Psicoloxía e Fisioterapia). Por aquí vos deixo a planificación. Un saudo dende o departamento de Animación Sociocultural. Planning Semana Santa 2022
Más informaciónCELEBRACIÓN ANIVERSARIOS MARZO
29/3/2022
O pasado venres 25 celebramos os aniversarios das persoas residentes que cumpriron un ano máis este mes. Por aquí vos deixo algunhas fotografías.
Más informaciónANIVERSARIOS ABRIL
29/3/2022
Xa temos diante de nos o mes de abril, e con el xa está chegando o bo tempo... o cal hai que disfrutar, igual que dos aniversarios das persoas residentes deste mes, que son as seguintes: Jose Paz María Beatriz Comesaña María Basalo Enrique González Manuel Ríos Ángela Bernárdez Rosa María Mein Argentina Piñeiro Leonor Fernández Manuel Luís Teijeiro
Más informaciónCEIP SAN ROQUE DE DARBO, ACTIVIDADE DÍA DA PAZ
14/2/2022
Esta semana temos exposto no noso centro o gran traballo dos nenos e das nenas do colexio CEIP San Roque de Darbo. Realizaron unhas nubes cunhas pingas de auga nas que vai unha palabra cargada dunha gran importancia, como os valores nos que temos que educar ás persoas máis pequenas e tamén ás máis maiores. Nas seguintes fotos podedes observar o traballo e como está posto na entrada da residencia. É un pracer colaborar con eles, xa que é unha forma diferente de achegar ás persoas máis xóvenes e ás máis maiores, que tanta falta fai. Un saudo dende o departamento de Animación Sociocultural.
Más informaciónPLAN DE ACTIVIDADES ORDINARIAS ANIMACIÓN 2022
8/2/2022
Por aquí vos deixo o plan de actividades ordinarias de animación para este 2022. Recordade que se complementan coas actividades do departamento de psicoloxía e fisioterapia. Plan de actividades 2022 Un saudo.
Más informaciónPLAN DE ACTIVIDADES EXTRAORDINARIAS 2022
2/2/2022
Por aquí vos deixo o plan de actividades extraordinarias para este 2022. Un saudo dende o departamento de Animación Sociocultural. Plan de actividades Extraordinarias 2022 blog
:quality(90))
:quality(90))
:quality(90))
:quality(90))