UNHA VISITA DE CATRO PATAS MOI AGRADABLE

Publicado el 9 de junio de 2022

Ola a todxs! Onte, mércores 8 de xuño, tivemos unha visita moi especial e esperada por todas as nosas persoas residentes. Viñeron toda a tarde pola residencia catro fermosos e cariñosos cans a estar con nós, e con eles, catro persoas maravillosas que fan unha labor increíble con todos eses cans que os necesitan. Esta visita ten un nome detrás, Protectora do Morrazo. Repetiremos seguro a experiencia, e realizaremos cousas diferentes con eles, xa que sempre é un placer tanto o benestar das nosas persoas residentas como a difusión da protectora para que poidan obter a maior axuda posible. Que beneficios ten o trato cos cans? Mellora o estado de ánimo. Axuda a mellorar a atención. Prevén a depresión e a monotonía. Evita o sentimento de soidade. Disminue a ansiedade e o estrés. Fomentan o contacto social e físico. Serve como motivación. Creación dun vínculo positivo. Fortalecemento dos músculos mediante a interacción. Mellora da coordinación e a motricidade fina. Por aquí vos deixamos fotos da tarde de onte. Un saudo, Fran. Departamento de Animación Sociocultural.

Más noticias