Noticias y Actualidad en Residencia Viveiro

Queremos compartir con vosotros nuestras novedades y actividades

  • Visita á praia de Covas

    12/8/2025

    O pasado venres achegámonos á praia de Covas para aproveitar esta ola de calor que tantos sofocos nos trae. Fumos dar un paseo pola orilla mollando os pes, e houbo ata quen se bañou! Foi unha saída estupenda que intentaremos repetir sen dúbida!

    Más información
  • Menú do mes de Agosto

    4/8/2025

    Aquí tedes o menú deste mes de agosto. O día 15 teremos unha comida especial con motivo da celebración do Día da Nosa Señor e San Roque, festividades locais. Pronto actualizaremos con máis información sobre dita celebración!

    Más información
  • Celebramos o Día de Galicia!

    29/7/2025

    O pasado xoves celebramos o Apóstol e o Día de Galicia cunha actuación especial dos nosos amigos 'Espera que vou mexar'. Cantamos, bailamos e rimos. Logo tivemos merenda especial polos aniversarios do mes de xullo. As próximas festas xa serán as de San Roque!

    Más información
  • Bingo

    22/7/2025

    Unha das actividades ordinarias que máis gustan aos nosos residentes é o bingo, que habitualmente facemos dous días á semana. Un saúdo de parte de todo o equipo

    Más información
  • Saída ao Resurrection Fest

    8/7/2025

    O xoves día 26 de xuño tivemos a sorte de que nos convidaran a dar unha volta polo recinto do Resurrecction Fest. Estivemos vendo os distintos escenarios e disfrutando dalgún concerto. Ademais fumos á zona VIP onde nos convidaron a tomar algo e puidemos estar tranquilamente disfrutando da música. Sen dúbida toda unha experiencia. Moitas grazas á organización do festival por brindarnos esta oportunidade e tratarnos con tanto afecto.

    Más información
  • Menú de xullo

    8/7/2025

    Boas familias, deixamosvos o menú dende o luns 30 de xuño ao domingo 3 de agosto. Un saúdo

    Más información
  • Seguimos co San Xoán

    26/6/2025

    Esta semana continuamos coa celebración do San Xoán. O luns 23 fixemos unha pequena fogueira e disfrutamos dela e dalgúns residentes que nos cantaron algunhas cancións. O mércores 25 iamos comer na carpa de fóra, pero o día comezou chovendo e moi ao noso pesar comimos dentro. Houbo comida especial con empanada, sardiñada e xeado. E a continuación tivemos a actuación do grupo 'Amigos do Folk' que nos tocaron cancións moi animadas e algunhas delas coñecidas por todos. E así remataron as actividades do San Xoán que tanto nos gusta. Deixovos algunhas fotos para que vexades o ben que o pasamos. Un saúdo de parte de todos/as

    Más información
  • Comezamos co San Xoán

    23/6/2025

    Boas familias. A semana pasada xa comezamos coa celebración do San Xoán. O mércores tivemos a actuación dun grupo de Aspanane que nos viñeron cantar diversas cancións moi coñecidas por todos/as nós. Ademais, o xoves viñeron as cantareiras e pandereteiras 'As Faiscas' que pertencen ao grupo 'Os do 21', deleitarnos coa súa música. Deixámosvos algunhas fotos das actuacións. Un saúdo

    Más información
  • San Xoán 2025

    13/6/2025

    Bos días a todos/as, deíxovos por aquí a programación de actividades para a celebración do San Xoán no centro. Un saúdo de parte de todo o equipo.

    Más información