Magosto en familia

Publicado el 23 de octubre de 2025

O venres pasado tivemos o magosto en familia. Primeiro houbo unha pequena presentación do equipo que traballa na residencia. Aproveitouse para facer un pequeno homenaxe á sobriña dunha residente que morreu fai dúas semanas; ela asiste diariamente á residencia e pasa a mañá con un grupo de residentes, sendo unha máis desta gran familia. Despois houbo merenda fóra aproveitando o bo tempo. E, por último, a actuación musical do grupo 'Amigos do Folk' co que sempre disfrutamos moito. Pasámolo moi ben!!

Más noticias