Noticias y Actualidad en Residencia Viveiro

Queremos compartir con vosotros nuestras novedades y actividades

  • Menú mes de xuño

    29/5/2025

    Bos días, aquí tedes o menú dende o luns 2 ata o domingo 29 de xuño. Un saúdo de parte de todo o equipo.

  • Aniversario Esther

    28/5/2025

    Bos días a todos. O pasado xoves tivemos festa, xa que tivemos a celebración do aniversario de Esther que cumpreu 101 anos. Soprou as velas cos seus fillos, comimos tarta e disfrutamos dunha actuación musical.

  • Día das Letras Galegas

    19/5/2025

    Bos días a todos. O pasado xoves 15 de maio celebramos o Día das Letras Galegas. Este ano está adicado á tradición oral e que mellor forma de homenaxealo que coa actuación das Cantareiras de Valdeflores. Deleitaronnos cunhas cancións moi fermosas e coñecidas por todos animándonos a cantar nós tamén. Ademais tivemos a sorte de contar co alumnado de 1º de Educación Primaria do Cep Lois Tobío, xa que se fixo un concurso de relatos no que o xurado foi un grupo de residentes. Ademais do alumnado de 1º de Primaria tamén viñeron os gañadores do concurso aos que lles demos os premios e leron os relatos para todos. Foi unha mañá moi especial!

  • Menú mes de maio actualizado

    15/5/2025

    Bos días, a partir do próximo luns 19 de maio cambiamos o menú para o de primavera-verán. Deixovos o menú dende o próximo luns 19 de maio ata o domingo 1 de xuño.

  • Menú mes de maio

    30/4/2025

    Boas a todos! Aquí vos deixamos o menú dende o luns 5 de maio ata o domingo 1 de xuño. Un saúdo de parte de todos.

  • Semana Santa

    22/4/2025

    Bos días, durante a Semana Santa tivemos varias celebracións. Asistimos o Domingo de Ramos á procesión da Borriquita e fumos á carpa da iglesia de San Francisco ver as imágenes expostas alí. Ademais, no centro o mércores tivemos misa especial, e bendecimos uns ramos de loureiro e olivo feitos por nós. Foi unha semana cargada de diferentes actos.

  • Enquisa de satisfacción

    8/4/2025

    ¡Boas familias, queremos escoitarvos! Lanzamos unha nova campaña de enquisas de satisfacción que nos permitirá coñecer a vosa opinión sobre os nosos servicios e coidados. Entre o 15 de abril e o 15 de maio chegaravos, por e-mail ou teléfono, a enquisa coa que, en menos de 5 minutos, poderedes contribuir ao benestar das persoas residentes. Contamos coa vosa participación porque coas valoracións obtidas poderemos establecer un plan de acción de mellora. A vosa opinión impórtanos. Escoitámosvos porque xuntos melloramos.

  • Día da tortilla

    8/4/2025

    Boas a todos. O domingo foi o día da tortilla, no centro comimos tortilla e ademais unhos poucos fumos á festa. Deixovos algunha foto para que vexades o ben que o pasamos!

  • Actividades ordinarias

    4/4/2025

    Bos días, aquí vos mostramos algunhas fotos das múltiples actividades que imos facendo no día a día. Pronto recibiredes máis noticias, un saúdo