Noticias y Actualidad en Residencia Viveiro
Queremos compartir con vosotros nuestras novedades y actividades
Más informaciónMagosto en familia
23/10/2025
O venres pasado tivemos o magosto en familia. Primeiro houbo unha pequena presentación do equipo que traballa na residencia. Aproveitouse para facer un pequeno homenaxe á sobriña dunha residente que morreu fai dúas semanas; ela asiste diariamente á residencia e pasa a mañá con un grupo de residentes, sendo unha máis desta gran familia. Despois houbo merenda fóra aproveitando o bo tempo. E, por último, a actuación musical do grupo 'Amigos do Folk' co que sempre disfrutamos moito. Pasámolo moi ben!!
Más informaciónEnquisa de satisfacción
14/10/2025
Boas familias, queremos escoitarvos! Lanzamos unha nova campaña de enquisas de satisfacción que nos permitirá coñecer a vosa opinión sobre os nosos servicios e coidados. Entre o 20 de outubro e o 17 de novembro chegaravos, por e-mail ou teléfono, a enquisa coa que poderedes contribuir ao benestar das persoas residentes. Os resultados permitiránnos establecer un plan de acción de mellora. A vosa opinión impórtanos, xuntos melloramos.
Más informaciónPaseos
8/10/2025
Xa estamos en outono, pero seguimos aproveitando o bo tempo para dar pequenos paseos polo noso entorno. Ademais o pasado día 1 de outubro fomos ao mercado que se pon na variante dúas veces ao mes, e algúns aproveitaron para comprar algo de roupa.
- Más información
Magosto en familia
1/10/2025
Boas a todos/as. O próximo venres 17 de outubro faremos un magosto no centro ao que estades convidades a vir e pasar a tarde en familia. Para anotarvos podedes facelo en recepción ou chamando por teléfono. Podedes consultar a información completa no cartel. Esperámosvos!
Más informaciónMenú de outubro
25/9/2025
Aquí podedes consultar o menú dende o luns 29 de setembro ata o domingo 26 de outubro.
Más informaciónSaída ao mercado semanal
25/9/2025
Boas familias. O pasado xoves aproveitando o bo día que estaba achegámonos ata Viveiro, demos un paseo polas rúas e polo mercado semanal sitúado na Praza Maior. Algúns tamén aproveitaron para facer algunha compra.
Más informaciónMenú do mes de setembro
2/9/2025
Aquí podedes consultar o menú correspondente a este mes de setembro.
Más informaciónCelebramos o Naseiro no noso centro!
1/9/2025
O pasado luns 25 celebramos unha comida no exterior do centro tratando de simular a festa do Naseiro que se celebrou eses días no Concello. Xa que non podemos trasladarnos ao Naseiro, tivemos que montar a festa nós. Comimos empanada e paella, cantamos e bailamos ao ritmo dos Acordeonistas da Mariña. Pola tarde tamén tivemos tarta de merenda para celebrar os aniversarios do mes!
Más informaciónComenzan as festas de San Roque!
14/8/2025
Damos por inauguradas as festas de San Roque de Viveiro. Hoxe fumos dar un paseo polo casco vello da vila para ver os xigantes e cabezudos que tradicionalmente saen durante as festas e mañá teremos un menú especial con motivo do día da Nosa Señora. O próximo día 25 teremos unha comida no xardín do centro con actuación musical incluída!
)
)
)
)