Noticias y Actualidad en Residencia Viveiro

Queremos compartir con vosotros nuestras novedades y actividades

  • Mercadillo solidario

    12/12/2025

    Boas familias. Como xa sabedes, o pasado xoves día 11, celebramos unha nova edición do Mercadillo Solidario de Nadal no noso centro, no que diversas entidades educativas e sociais colaboran coa elaboración de material para a súa venda ese día. Eois estamos moi contentos de anunciarvos que este ano superáronse todas as expectativas e alcanzamos unha recaudación de 1545 Euros! Cantidade que se destinará, integramente, a campaña de xoguetes de cruz vermella, facendo posible que moitos nenos e nenas poidan recibir o seu agasallo este Nadal e non só estrenar xoguetes, se non tamén cultivar ilusión.  Ademais, celebramos un día de portas abertas coa visita dos nenos e nenas dos diversos centros educativos e demáis entidades, o que deu lugar a moitos encontros e a creación dun ambiente espectacular.

  • Inauguración do Nadal

    10/12/2025

    Boas a todos, o venres pasado foi a inauguración do Nadal. Un grupo de residentes cantou o villancico 'Campana sobre campana', e fixemos mención especial a dúas traballadoras que colaboran moito coa decoración do centro. Unha delas Anabel que fai o seu propio belén de barriguitas e cada ano aumenta algún personaxe; e outra delas Vanesa, que fai uns centros de mesa e unhas coroas, entre outras cousas. Deixovos algunha fotografía deste acto.

  • Nadal

    5/12/2025

    Boas familias. Aquí vos deixo o cartel do mercado solidario que se realizará o próximo xoves 11 de decembro. É unha das actividades máis significativas de todo o Nadal e o recaudado irá destinado a favor de Cruz Vermella. Esperámosvos! Ademais, adxunto a programación con todas as actividades previstas para estas datas tan especiais.

  • Aquelarre

    1/12/2025

    Boas familias, o sábado tivemos o aquelarre co grupo infantil 'Bágoas da terra'. Tocaron, bailaron e fixeron queimada, todos caracterizados para a ocasión. Pasámolo moi ben!!

  • Menú decembro

    26/11/2025

    Aquí tedes o menú que os nosos residentes disfrutarán dende o luns 1 de decembro ao domingo 4 de xaneiro. Lembrade que os días de Noiteboa, Nadal, Fin de Ano e Aninovo poderán disfrutar dun menú especial tal e como merece a ocasión.

  • Visita do CEP Lois Tobio

    12/11/2025

    Bos días a todos/as. Tanto o pasado xoves como este martes tivemos a visita duns alumnos de 4º de Educación Primaria do Lois Tobio. Estivemos xogando con eles a diferentes xogos populares, e para finalizar deleitáronnos con unhas cancións. Sen duda repetiremos!

  • Obradoiro de repostería

    4/11/2025

    Boas a todos/as. O pasado venres fixemos un obradoiro de repostería; fixemos galletas de cabaza que logo comimos á merenda.

  • Desfile de Samaín

    31/10/2025

    Boas familias. O pasado xoves tivemos o desfile de Samaín, para algúns é xa unha tradición pero para outros moitos era a primeira vez. Pasamos un pouco de medo, pero sobre todo rimos a gargalladas!! Aquí vos deixo unhas fotos na que podedes ver algúns dos disfraces.

  • Menú novembro

    23/10/2025

    Boas a todos/as. Aquí vos deixamos o menú dende o próximo luns 27 de outubro ao 30 de novembro.