Mercadillo solidario
Publicado el 12 de diciembre de 2025
Boas familias. Como xa sabedes, o pasado xoves día 11, celebramos unha nova edición do Mercadillo Solidario de Nadal no noso centro, no que diversas entidades educativas e sociais colaboran coa elaboración de material para a súa venda ese día. Eois estamos moi contentos de anunciarvos que este ano superáronse todas as expectativas e alcanzamos unha recaudación de 1545 Euros! Cantidade que se destinará, integramente, a campaña de xoguetes de cruz vermella, facendo posible que moitos nenos e nenas poidan recibir o seu agasallo este Nadal e non só estrenar xoguetes, se non tamén cultivar ilusión. Ademais, celebramos un día de portas abertas coa visita dos nenos e nenas dos diversos centros educativos e demáis entidades, o que deu lugar a moitos encontros e a creación dun ambiente espectacular.









