Noticias y Actualidad en Residencia Viveiro

Queremos compartir con vosotros nuestras novedades y actividades

  • MENÚ.

    28/4/2026

    Moi bo día! Xa podedes consultar o menú do luns 4 ao domingo 10 de maio. E atención: a partir do luns 11 damos a benvida ao noso menú de primavera-verán, que publicaremos moi pronto! Un saúdo.

    Más información
  • ¡VAMOS DE PASEO!

    23/4/2026

    Coa chegada do bo tempo, parece que apetece saír fóra, e por iso comezan os nosos paseos polo exterior. Estamos nun lugar privilexiado, á beira do mar, un verdadeiro paraíso. Non poden gustarnos máis estas saídas, nas que tomamos aire fresco e recargamos enerxía. Só falta que dure.

    Más información
  • Cumple 103 años

    10/4/2026

    El pasado martes celebramos el cumpleaños de Piedad, que cumplió 103 años. En este día tan especial le cantamos el cumpleaños feliz entre todos y tuvo la visita de sus familiares más cercanos. Feliz cumpleaños para Piedad y que cumpla muchos más!!

    Más información
  • Enquisa de satisfacción

    8/4/2026

    Bos días familias, queremos escoitarvos! Lanzamos unha nova campaña de enquisas de satisfacción que nos permitirá coñecer a vosa opinión sobre os nosos servizos e coidados. Entre o 15 de abril e o 15 de maio chegaravos, por e-mail ou teléfono, a enquisa coa que, en menos de 5 minutos, poderedes contribuir ao benestar das persoas que viven no centro. Contamos coa vosa participación porque coas valoracións obtidas poderemos establecer un plan de acción de mellora. A vosa opinión impórtanos. Escoitámosvos porque xuntos melloramos.

    Más información
  • Merenda en familia

    7/4/2026

    Boas familias!! Este luns tivemos a nosa segunda merenda en familia e non podemos estar máis contentas/os! Foi unha xornada informativa e de convivencia que esperamos repetir moi pronto. Contamos cun taller de fotografía e manualidades: Artellando en familia, coa actuación musical do grupo 'Jamape', a participación estelar de Antonio e moito chocolate. Xa estamos pensando na seguinte! Grazas a todas as familias por vir á vosa casa. Cada vez somos máis e encántanos tervos aquí.

    Más información
  • Menú do mes de abril

    30/3/2026

    Boas familias! Aquí vos deixo o menú dende o luns 30 de marzo ao domingo 3 de maio

    Más información
  • Día das tortillas

    23/3/2026

    O pasado domingo foi o día das tortillas en Viveiro que tanta tradición ten. Fumos ata a festa que había no parque de Pernas Peón, alí bailamos e cantamos canto puidemos e ata sacamos unha foto coa cantante!! Á volta da festa houbo comida especial con tortilla, como era de esperar, e churrasco.

    Más información
  • Visita ao Ciclo Medio de Peiteado e Cosmética Capilar

    4/3/2026

    O pasado martes 24 de febreiro visiramos o Ciclo Medio de Peiteado e Cosmética Capilar con un grupo de residentes, para que o alumnado puxese en práctica as súas competencias profesionais. Durante a mañá os residentes recibiron varios servizos: peiteados, estética de mans e pés, corte de cabelo, así como arranxo de barba e bigote e afeitado clásico. Os residentes quedaron moi satisfeitos tanto polo resultado obtido como polo trato recibido tanto polo alumnado como polo profesorado. Sen dúbida foi unha experiencia enriquecedora que esperemos poder repetir pronto.

    Más información
  • Menú marzo

    27/2/2026

    Boas a todos/as. Deixovos o menú dende o luns 2 ata o domingo 29 de marzo.

    Más información