Noticias y Actualidad en Residencia Viveiro

Queremos compartir con vosotros nuestras novedades y actividades

  • Enterro da sardiña

    23/2/2026

    Como peche ao entroido, celebramos o tradicional desfile do enterro da sardiña, coa típica canción de Viveiro deste acto. Aquí podedes observar algunha foto deste acto.

  • Entroido

    20/2/2026

    Durante estes días tivemos a celebración do entroido. Disfrazámonos, bailamos moito e pasámolo moi ben! Aquí vos deixo algunha foto destes días.

  • Actividades

    19/2/2026

    Todas as mañás realizamos diferentes actividades de estimulación cognitiva e animación estimulativa, ademais da lectura de prensa. Aquí vos deixo algunhas fotos de algunhas desas actividades

  • Desfile de entroido

    19/2/2026

    O luns pola tarde tivemos o desfile de entroido, ibamos disfrazados de tuna e aproveitamos para cantar e tocar algunha canción típica como 'clavelitos' ou 'cielito lindo.' Despois de cantar as cancións propias da tuna, continuamos co baile con outro tipo de cancións movidas.

  • Actuación musical

    19/2/2026

    Como parte das actividades de entroido o venres pasado tivemos a actuación do grupo 'Amigos do Folk' que xa son como parte da nosa familia, xa que veñen a miúdo para deleitarnos coa súa música.

  • Aniversario

    6/2/2026

    O pasado día 1 de febreiro foi o aniversario do centro cumprindo 15 anos. Foron anos nos que houbo de todo, momentos bos e momentos non tan bos, como en todas as familias. Para celebralo, este xoves tivemos brinde con champán e comida especial (hojaldre de puerros e gambas, carrilleiras e selva negra). A continuación, tivemos a actuación de 'As Faiscas' (de 'Os do 21') aos que sempre estamos agradecidos de que veñan.

  • Menú mes de febreiro

    29/1/2026

    Boas familias, aquí vos deixo o menú dende o 2 de febreiro ao 1 de marzo

  • Actividades

    22/1/2026

    Como parte das actividades que realizamos diariamente está a animación estimulativa. Aquí vos deixo fotos de algunhas das cousas que facemos.

  • Visita dos Reis Magos

    9/1/2026

    O pasado luns 5 de xaneiro recibimos na residencia a visita dos Reis Magos. Viñan dende Oriente e puidemos saudalos e contarlles os nosos desexos.