Noticias y Actualidad en Residencia Viveiro

Queremos compartir con vosotros nuestras novedades y actividades

  • ACTIVIDADES MUSICAIS

    4/6/2026

    Unha das actividades ordinarias que se fai todas ou case todas as tardes son as actividades musicais onde tocamos diversos instrumentos, escoitamos música, adiviñamos a canción e o cantante, bailamos e moito máis. É unha das actividades que máis gustan, pois a través das cancións reviven momentos especiais.

  • ACTIVIDADE NAS ESCOLAS

    29/5/2026

    Boas a todos/as. A semana pasada estivemos en diversas escolas da zona (CEP Lois Tobio, CEIP Celeiro e CPR Landro) facendo unha campaña de concienciación e sensibilización. Nesta actividade fumos cun grupo de residentes para contarlles que é unha residencia, cómo se vive nela, as personas que traballan, etc. Foi unha actividade moi bonita que esperemos que deixara unha pegada nos alumnos.

  • MENÚ DE XUÑO

    27/5/2026

    Boas familias, xa estamos acabando maio e xa podedes consultar o menú dende o luns 1 ata o domingo 28 de xuño

  • LETRAS GALEGAS

    19/5/2026

    Para celebrar o día das letras galegas fixemos un concurso de relatos co CEP Lois Tobio no que un grupo de residentes foi o xurado. O pasado martes, viñeron ao noso centro nenos/as de dita escola e tivo lugar o acto de entrega dos premios do concurso. Ademais, contamos coa actuación do grupo 'Espera que vou mexar' que nos cantou cancións galegas coñecidas por todos nós. Foi unha mañá moi especial!

  • MENÚ DE MAIO

    12/5/2026

    Moi bo día! Hoxe damos a benvida ao menú de primavera-verán, xa podedes consultalo. Un saúdo

  • MENÚ DE MAIO

    11/5/2026

    Moi bo día! Hoxe damos a benvida ao menú de primavera-verán, xa podedes consultalo. Un saúdo

  • ENQUISA DE SATISFACCIÓN

    11/5/2026

    Bos días familias! Recordámosvos que lanzamos unha nova campaña de enquisas de satisfacción que nos permitirá coñecer a vosa opinión sobre os nosos servizos e coidados. Entre o 15 de abril e o 15 de maio chegaravos, por e-mail ou teléfono, a enquisa coa que, en menos de 5 minutos, poderedes contribuir ao benestar das persoas que viven no centro. Contamos coa vosa participación porque coas valoracións obtidas poderemos establecer un plan de acción de mellora. A vosa opinión impórtanos. Escoitámosvos porque xuntos melloramos.

  • FERIA DE ABRIL

    30/4/2026

    Boas de novo! A semana pasada celebramos a feria de abril traendo esta festa tan típica de Sevilla ata o noso centro. Pasámolo moi ben e bailamos moito que é algo que sempre é un éxito.

  • PROXECTO DE DIXITALIZACIÓN

    30/4/2026

    Bos días!! Este luns, martes e mércores tivemos no centro un curso de dixitalización para os nosos residentes. Alí aprendimos diversas cousas, pero sobre todo divértimonos moito, quedamos encantados e gustaríanos repetir pronto.