LETRAS GALEGAS
Publicado el 19 de mayo de 2026
Para celebrar o día das letras galegas fixemos un concurso de relatos co CEP Lois Tobio no que un grupo de residentes foi o xurado. O pasado martes, viñeron ao noso centro nenos/as de dita escola e tivo lugar o acto de entrega dos premios do concurso. Ademais, contamos coa actuación do grupo 'Espera que vou mexar' que nos cantou cancións galegas coñecidas por todos nós. Foi unha mañá moi especial!






