Noticias y Actualidad en Residencia Viveiro
Queremos compartir con vosotros nuestras novedades y actividades
Más informaciónMercadillo solidario 2024
10/12/2024
Este xoves temos unha nova edición do mercadillo solidario que realizamos tódolos anos neste centro. No cartel que acompaña a esta publicación poderedes ver toda a información necesaria ao respecto, como as entidades colaboradoras e horario, xa que ese día estades todos/as convidados/as a pasar por aquí e sumarse á causa. Todo o recaudado irá destinado á campaña de xoguetes da Cruz Vermela, que fai posible que nenos e nenas de familias menos afortunadas poidan disfrutar de un Nadal con dignidade e ilusión. Tamén poderedes ver a programación do centro para estas datas tan especiais.
Más informaciónInauguración do Belén e das actividades no Nadal
10/12/2024
O pasado venres día 5 realizamos a inauguración da decoración do Nadal, coa colocación do xa tradicional Belén de 'barriguitas' que con moito cariño fixo a nosa compañeira Anabel. Con esto damos o pistoletazo de saída a esta época tan bonita e tan cargada de actividades e momentos únicos!
Más informaciónMenú do mes de Decembro
10/12/2024
Aquí tedes o menú que os nosos residentes disfrutarán durante o mes de decembro. Lembrade que os días de Noiteboa, Nadal, Fin de Ano e Aninovo poderán disfrutar dun menú especial tal e como merece a ocasión. Os próximos días informarémosvos do menú para estas ocasións especiais.
Más informaciónAniversarios do mes de novembro!
10/12/2024
Aquí tedes aos residentes celebrando un ano máis de vida con alegría e ilusión de vivir moitos máis! Moitos parabéns para eles!
Más informaciónXogos populares cos nenxs do Lois Tobío
10/12/2024
O pasado mércores tivemos a sorte de contar cos nenos e nenas do C.E.P. Lois Tobío. Os residentes xogaron cos máis pequenos a xogos populares como a ra, a chave ou os aros. Os que vivimos a actividade, podemos asegurar que a conexión entre as distintas xeneracións foi moi positiva e revitalizadora para os nosos residentes.
Más informaciónContacontos coa Asociación Down de Lugo
28/10/2024
O pasado venres, como parte da programación do evento Superarte, tivemos a visita das rapazas de Down Lugo que nos realizaron un contacontos moi bonito. Ao remate, quedamos falando e intercambiando experiencias nun final de acto moi bonito.
Más informaciónRincón infantil
28/10/2024
Dende hoxe poñemos á vosa disposición material de lectura e xogos infantís na zona de visitas. Maiores e pequenos poderán disfrutar xuntos durante as visitas familiares!
Más informaciónMenú de inverno
28/10/2024
Co cambio de hora, chega tamén o cambio de menú. Aquí poderedes consultar o menú de inverno que os nosxs residentes poderán disfrutar a partir de hoxe.
Más informaciónMenú do mes
30/9/2024
Hoxe tamén nos toca actualizar o menú do mes de outubro. Que aproveite!
)
)
)
)