Éxito total do Mercadillo Solidario!

Publicado el 18 de diciembre de 2024

Como xa sabedes, o pasado xoves día 12, celebramos unha nova edición do Mercadillo Solidario de Nadal no noso centro, no que diversas entidades educativas e sociais colaboran coa elaboración de material para a súa venda ese día. Pois estamos moi contentos de anunciarvos que este ano superáronse todas as expectativas e alcanzamos unha recaudación de 1504 Euros! Ademais, celebramos un día de portas abertas coa visita dos nenos e nenas dos diversos centros educativos do concello e demáis entidades, o que deu lugar a moitos encontros e a creación dun ambiente espectacular. Este xoves sairemos a realizar a compra dos xoguetes coa recaudación, para que nestas datas tan importantes as familias con máis dificultades poidan compartir a ilusión cos máis pequenos da casa.

Más noticias