Noticias y Actualidad en Residencia Viveiro

Queremos compartir con vosotros nuestras novedades y actividades

  • Menú mes de abril

    27/3/2025

    Boas a todos! Estamos de volta por aquí para deixarvos o menú dende o próximo luns 28 de abril ata o domingo 4 de maio. Un saúdo de parte de todos.

    Más información
  • Menú mes de marzo

    7/3/2025

    Boas a todos, aínda que con un pouco de demora aquí vos deixamos o menú do mes de marzo. Un saúdo de parte de todo o equipo!

    Más información
  • Entroido

    7/3/2025

    Bos días!! Como parte da programación do entroido o pasado luns día 3 de marzo tivemos a actuación do grupo 'Espera que vou mexar' que podedes ver nas fotografías. Disfrutaron moito cantando e bailando coas cancións, algunhas de entroido e outras tradicionais. Ademais, o martes día 4 os nosos usuarios fixeron unha saída e puideron disfrutar do desfile de entroido de Viveiro, ao cal asistiron e foron caracterizados ao seu gusto.

    Más información
  • Visita a ASPANANE

    17/2/2025

    Boas de novo! Como parte da programación do aniversario, a semana pasada realizamos unha saída ao Centro Ocupacional da Asociación ASPANANE. Os nosos residentes puideron experimentar de primeira man as labores que levan a cabo nos obradoiros de cerámica, serigrafía e madeira. E non voltamos coas mans vacías, xa que trouxemos uns agasallos dos bonitos productos que realizan os usuarixs da asociación. Agora quedamos en invitalos á próxima festa que celebremos!

    Más información
  • Menú do mes de febreiro

    3/2/2025

    Bo día! Estamos de volta por aquí para faceros chegar o menú do mes de febreiro. Esta semana teremos as celebracións do noso 14 aniversario. Pronto poderedes ver a programación e as fotos da celebración. Un saúdo de todo o equipo.

    Más información
  • Feliz 2025!!!

    31/12/2024

    Boas de novo! Estamos tendo erros coas publicacións na web e non podemos cargar fotos dos distintos eventos que se realizaron estos días. Así que intentamos deixar nesta publicación o menú desta noite e nas seguintes datas faremos un resumo con fotos destas celebracións. Dende o equipo de Viveiro, queremos desexarvos que o 2025 veña cargado de bos momentos que compartir cos vosos seres queridos. Feliz Ano!!!

    Más información
  • Menú do mes de Xaneiro

    31/12/2024

    Aquí vos actualizamos o que será o menú dos nosos residentes para este primeiro mes do ano. Ademáis, poderedes ver unha publicación da semana pasada que, por motivos técnicos, non se publicou na súa data correspondente. A continuación tamén actualizaremos a información dos últimos días e o menú desta noite! Felices festas!

    Más información
  • Seguimos coa programación do Nadal!

    20/12/2024

    Estamos que non paramos. Como podedes ver nas fotos que acompañan a esta publicación, esta semana estuvemos realizando visitas ao cole co Apalpador que se quedou uns días na resi a descansar. Tivemos ao Coro Infantil do Lois Tobío cantando panxoliñas e outras cancións e ontes fumos a realizar a compra de agasallos coa recadación do mercadillo solidario. Mañá teremos á Coral de Cariño amenizando a tarde e para a semana seguiremos informando co menú especial de noiteboa e demáis actividades! Bo finde!!

    Más información
  • Éxito total do Mercadillo Solidario!

    18/12/2024

    Como xa sabedes, o pasado xoves día 12, celebramos unha nova edición do Mercadillo Solidario de Nadal no noso centro, no que diversas entidades educativas e sociais colaboran coa elaboración de material para a súa venda ese día. Pois estamos moi contentos de anunciarvos que este ano superáronse todas as expectativas e alcanzamos unha recaudación de 1504 Euros! Ademais, celebramos un día de portas abertas coa visita dos nenos e nenas dos diversos centros educativos do concello e demáis entidades, o que deu lugar a moitos encontros e a creación dun ambiente espectacular. Este xoves sairemos a realizar a compra dos xoguetes coa recaudación, para que nestas datas tan importantes as familias con máis dificultades poidan compartir a ilusión cos máis pequenos da casa.

    Más información