Día das Letras Galegas

Publicado el 19 de mayo de 2025

Bos días a todos. O pasado xoves 15 de maio celebramos o Día das Letras Galegas. Este ano está adicado á tradición oral e que mellor forma de homenaxealo que coa actuación das Cantareiras de Valdeflores. Deleitaronnos cunhas cancións moi fermosas e coñecidas por todos animándonos a cantar nós tamén. Ademais tivemos a sorte de contar co alumnado de 1º de Educación Primaria do Cep Lois Tobío, xa que se fixo un concurso de relatos no que o xurado foi un grupo de residentes. Ademais do alumnado de 1º de Primaria tamén viñeron os gañadores do concurso aos que lles demos os premios e leron os relatos para todos. Foi unha mañá moi especial!

Más noticias