Seguimos co San Xoán
Publicado el 26 de junio de 2025
Esta semana continuamos coa celebración do San Xoán. O luns 23 fixemos unha pequena fogueira e disfrutamos dela e dalgúns residentes que nos cantaron algunhas cancións. O mércores 25 iamos comer na carpa de fóra, pero o día comezou chovendo e moi ao noso pesar comimos dentro. Houbo comida especial con empanada, sardiñada e xeado. E a continuación tivemos a actuación do grupo 'Amigos do Folk' que nos tocaron cancións moi animadas e algunhas delas coñecidas por todos. E así remataron as actividades do San Xoán que tanto nos gusta. Deixovos algunhas fotos para que vexades o ben que o pasamos. Un saúdo de parte de todos/as
)
)
)
)
)
)
)
)