Noticias y Actualidad en Residencia Cangas

Queremos compartir con vosotros nuestras novedades y actividades

  • Programación de Nadal – Manualidades

    12/12/2019

    A programación de Nadal comezou o pasado 9 de decembro. No centro podemos facernos cunha programación en recepción.   As actividades van dende o día 9 de decembro ata o 6 de xaneiro. A primeira semana a adicamos as manualidades, fixemos postais de Nadal e árbores con revistas. O resutado final xa o amosaremos, porque nos quedaron uns árbores de Nadal a mar de xeitosos.

    Más información
  • Día das familias

    18/10/2019

    O xoves 31 de outubro celebraremos na nosa residencia o Día das Familias. Programación: Centro de día 16:00h - Cóctel de benvida 16:30h - Sesión Karaoke Sala de xogos 18:15h - Presentación do libro Soy fan de mi abuelo 18:45 - Cea en familia: - Empanada - Fideguá - Postre especial 20:00h - Clausura Día das Familias. Ademáis, contaremos cun espazo photocall para sacar fotos en familia. Contamos coa vosa asistencia*, FAMILIA! *(Rógase confirmación antes do 25 de outubro)

    Más información
  • Excursión ó museo Meirande – Batalla de Rande de 1702

    10/10/2019

    Onte e hoxe fixemos varias saídas para visitar Meirande, o Centro de Interpretación da Batalla de Rande, aproveitando o final da tempada. Meirande sitúase na coñecida Fábrica do Alemán, preto do cargueiro de minerais abandoado de Rande. É incrible coma nun espazo tan pequeno xúntase tanta historia. Historia que coñecemos grazas o noso atento e encantador guía, Enrique. Recomendamos a visita! Aínda que o centro pecha, informarvos de que o día 13 e o 19 celébrase a VI Festa da Conmemoración da Batalla de Rande. Para máis información: https://www.paxinasgalegas.es/fiestas/vi-festa-da-conmemoracion-da-batalla-de-rande-redon dela-13622.html

    Más información
  • Danza de San Roque de Hío

    19/8/2019

    Asistimos a  Danza de San Roque de Hío, que celébrase o 16 de agosto diante do conxunto arquitectónico monumental da parroquia, formado polo Cruceiro de Hío, a Igrexa de San Andrés e a Casa Rectoral. Chegamos ven cediño para coller sitio na igrexa e poder asistir á misa solemne das 12h. Á saída, disfrutamos das Danzas Ancestrais e rematamos a mañá facendo parte do recorrido da procesión. As Danzas de San Roque ou Dos Peregrinos forman parte das Danzas Ancestrais de Cangas, declaradas de Interés Turístico Galego.  Podedes atopar máis información sobre as danzas ancestrais no seguinte enlace: https://cangas.gal/turismo/info.php/es/22

    Más información
  • Actuación Grupo de Danza Pais de San Roque – Cangas

    25/7/2019

    O sábado 20 de xullo tivemos unha actuación incrible. Tivemos o honor de contar co Grupo de Danza Pais de San Roque. As 11:00h comezaron a chegar os máis puntuais. Unha pequena que conquistounos a todas e todos, Eva. Tivo a coraxe e valentía de ser a primeira en pasear pola residencia vestida co traxe tradicional, adiantando o que ía ser unha actuación cargada de emoción. As persoas residentes so tiñan palabras de eloxio para ela, sendo o centro de tódalas miradas. Foron chegando os poucos, deixando unha sensación de inquietude e abraio nalgúns residentes, seica non todos lembraban que íamos ter unha visita tan especial. Cando quixemos darnos conta, tiñamos unha chea de nenas, nenos, xovenes, e non tan xovenes vestidos co atuendo tradicional no exterior das instalacións, armados con gaitas, pandeiretas, bombo e tambor a espera de comezar, xa adiantamos, unha actuación espectacular. As 12:30h comezou a actuación coas cativas, entre elas Eva, que ademais do traxe vestía un sorriso enorme; sentíase na casa. Fixérono marabilla! Moitas persoas residentes choraron, porque aquela estampa fíxolles retroceder no tempo, lembrando a súa infancia. O persoal tamén emocionouse... choramos todas e todos, foi un momento máxico. Continuo o baile, o cante e a música!! Dende os máis novos ata os maiores, amosando que o maior aprendizaxe está na experiencia, na paixón e amor polo noso, pola cultura; pola nosa cultura galega. Houbo moitos momentos de emoción, incluso encontros inesperados que fixo do día unha data especial... As persoas residentes, os seus familiares, o noso persoal... Quedamos abraiadas e abraiados con tanto despregue e boa organización que non queríamos que rematase. Grazas polo bo traballo, polo bo facer, polo altruísmo e sobre todo... pola vosa gratitude. Porque sentir os vosos sorrisos e voso agradecemento  encheunos o corazón. Superástedes calquera expectativa. Grazas especialmente de parte de Alba, do Departamento de Animación Sociocultural. Síntese moi agradecida de que aceptarades a invitación. Un bico e aperta moi grande. Ata pronto!, amigas e amigos.

    Más información
  • Cumpleanos mes de xullo – Actuación Coral Moañesa

    24/7/2019

    Hoxe tivemos a festa de cumpleanos do mes de xullo cunha actuación especial da Coral Moañesa, que aceptaron a nosa invitación grazas o noso querido residente Manuel, antigo membro da Coral, quen non dubidou en unirse a eles para cantar. A Coral Moañesa fixo unha actuación boísima baixo a dirección de Loli, quen organizou tres pases. Na primeiro os adultos. No segundo pase uníronse as nenas e nenos e na parte final quedaron só os nenos. Unha actuación que agradou a tódolos presentes, en especial as nosas e nosos cumpleañeiros, o mellor agasallo de todos. Dende DomusVi Cangas agradecemos moito aceptar a invitación e esperamos veros de novo! Grazas!

    Más información
  • Encontro interxeracional no 2º Campus ADFS Bueu

    22/7/2019

    Hoxe fomos ó pabillón municipal de Bueu onde faise o II Campus ADFS de Bueu. Convidáronnos a asistir para ter unha mañá de encontro interxeracional onde levamos xogos que empregamos no centro para xogar coas nenas e nenos. O encontro foi un éxito. Flora, Mateo, Clara, Carmen, José, Jose Carlos e Honorio pasaron a mañá divertíndose e xogando cás nenas e nenos do campus de diversas idades. Pechamos a visita cunhas cancións tradicionais que as nenas e nenos sabíanse ó dedillo. A Rianxeira non entende de xeracións.

    Más información
  • Actuación Tacones y Lunares

    11/7/2019

    O venres 5 de xullo un alegre espírito andaluz percorreu a nosa residencia. Tivemos unha actuación moi especial da man do grupo de baile Tacones y Lunares. Ofrecéronnos uns bailes marabillosos acompañado duns cambios de vestiario que déron unha posta en escena incríble e deixaron coa boca aberta a máis dalgún. Contaxiaron a moitas e moitos dos residentes que non puideron aguantálas ganas de unirse á festa. Déronse reaccións moi emotivas… Sentímonos enormemente agradecidas e agradecidos de poder contar co seu gran espectáculo. De corazón, grazas!

    Más información
  • Actuación C.E.I.P. do Hío

    21/6/2019

    Hoxe 21 de xuño tivemos a sorte de contar coa actuación dos estudantes do C.E.I.P. do Hío. Cantáronnos unhas cancións marabillosas con poesía incluída. Amenizaron a tarde do venres das nosas e nosos residentes, familiares e persoal. Por se fora pouco, unhas pequenas pandereteiras cantáronnos unhas cancións tradicionais, quedamos abraiada/os!! Antes da actuación as pequenas e pequenos estiveron xogando no exterior, contaxiando coa súa vitalidade as nosas e nosos maiores. Sen dúbida, unha visita da que sentímonos enormemente agradecidos. As nenas e nenos, ¡sodes macanuda/os!. As nais e pais, grazas polo compromiso. A Geni, a mestra de música do Colexio Hío, grazas por facelo posible. FELICES VACACIÓNS DE VERÁN! VÉMONOS A VOLTA! PD: Por causa de protección de datos non podemos subir fotos do evento, aínda así, non poderiamos retratar o macanudo que foi. ;)

    Más información