Noticias y Actualidad en Residencia Cangas

Queremos compartir con vosotros nuestras novedades y actividades

  • NORMAS COVID RESIDENCIAS 21/06

    21/6/2021

    As medidas que están en vigor actualmente, a día 21 de xuño do 2021  na nosa residencia,  son as seguintes: VISITAS Cada persoa residente pode recibir un mínimo de tres visitas semanais. Non hai número máximo de visitas. Poderanse reservar dúas citas para que non se bloqueen todos os ocos de visita e iso impida que outros familiares poidan vir. Cada vez que se consuma unha cita, poderase solicitar outra, sempre e cando non se superen as dúas visitas reservadas por cada persoa residente. As visitas poden ser realizadas por dúas persoas visitantes á vez. As visitas seguen sendo con cita previa. Se alguén ten problemas para reservar algunha visita que o comunique a recepción e intentaremos poñerlle unha solución na máxima brevidade posible.   SAÍDAS Permítense todas as saídas que os residentes desexen e sen límite de duración, salvo que sempre teñen que estar de volta antes da cea (19h aproximadamente). Se desexa que a persoa residente pase a noite na casa, deberíase pedir un permiso domiciliario.   PERMISOS DOMICILIARIOS Os permisos domiciliarios mantéñense igual que ata agora: “As persoas residentes poden ir ao domicilio familiar, sempre e cando sexa por un mínimo de 5 días e o municipio no que resida non se atope en risco extremo. Ao seu regreso deberá presentar unha PCR ou test de antíxenos negativo. Para que as cousas sexan máis fáciles e que a persoa desfrute da súa estancia na casa, realizaremos nós o test de antíxenos na residencia á chegada da persoa, polo que o único necesario é avisar previamente da duración da estancia e o día e a hora do seu regreso.”     Un saúdo dende a residencia DomusVi Cangas.

  • NOVAS TECNOLOXÍAS E PERSOAS MAIORES

    2/6/2021

    Un dos retos que nos propoñemos dende a residencia DomusVi Cangas, é facer que as persoas maiores se entendan coas novas tecnoloxías, que é esencial debido ao ritmo co que avanzan actualmente. A finalidade é utilizar as novas tecnoloxías como medida terapéutica para as nosas persoas residentes. O problema máis grande que nos podamos atopar é que as persoas non se interesen por aprender a utilizalas, pero exporase da mellor forma para que a motivación de aprendizaxe lle chegue a todas as persoas. Os beneficios que ten o uso das novas tecnoloxías en canto á comunicación son os seguintes: Une ás persoas e fai desaparecer a soidade. Axuda a reducir a marxinación, a soidade e a distancia xeneracional. Mellora a comunicación cos seres queridos. Mantéñense as persoas activas. Facilita a búsqueda de amizades.   E se o seu uso é dirixido á terapia, as novas tecnoloxías poden aportar o seguinte: Mellora da concentración e da memoria. Ocupar o tempo de ocio. Aprender cousas novas. Prevén a aparición de enfermidades que gardan relación coa falta de estimulación cognitiva. Mellora o estado de ánimo cando as persoas maiores son capaces de superar os exercicios É unha mellora na calidade de vida.   Por aquí vos deixo algunhas das nosas persoas residentes nos momentos nos que traballan coas novas tecnoloxías. Iremos aplicando cada vez máis este tipo de axuda para as terapias.

  • AS RELACIÓNS SOCIAIS NAS PERSOAS MAIORES

    27/5/2021

    Por que son tan necesarias as relación sociais en persoas maiores? Debido ao paso do tempo e os problemas que se van ocasionando nas nosas vidas, as relacións sociais vanse deteriorando, e é por iso que debemos fortalecer as relacións das nosas persoas maiores. Somos seres sociais, para nós, relacionarnos é imprescindible, e isto por que? Pois porque ten uns beneficios moi saudables, coma son a mellora da autoestima, fomentar a autonomía persoal e prevén a aparición de situacións de dependencia. Atopamos tipos de relacións sociais que promoven o envellecemento activo e saudable: Relacións familiares. Proporcionan vínculos afectivos indispensables, que aportan seguridade na vida, o que é moi importante para as nosas persoas maiores. Relacións de amizade. Compartir tempo con persoas que compartan gustos, coas que poder falar, contar as nosas preocupacións e confidencias, experiencias vitais e realizar actividades. Relacións interxeneracionais. Danse entre persoas de distintas idades que intercambian experiencias e coñecementos que resultan moi favorables para ambos (isto na nosa residencia xa se da entre persoas traballadoras e persoas residentes). Relacións co persoal da residencia. No centro é indispensable que exista unha boa relación entre as persoas residentes e as traballadoras para que as primeiras se sentan ben e a gusto. Tamén é unha canle facilitadora para as persoas traballadoras para o bo coidado.   É por isto, que a implicación de todas as persoas das vidas de cada unha das persoas residentes do centro é primordial para que teñan unha mellora ou un mantemento tanto físico coma emocional, previndo así situacións desfavorables para as persoas que queremos.

  • NORMAS COVID RESIDENCIAS 13/05

    13/5/2021

    As medidas que están en vigor actualmente, a día 13 de maio do 2021  nas residencias,  son as seguintes: VISITAS Permitiranse 3 visitas semanais a cada persoa residente, dunha duración máxima dunha hora cada unha, as cales se establecerán con cita previa, realizarase de forma individual e poderán facelo calquera membro da familia ou persoa achegada á persoa residente. Permitirase o contacto físico entre a persoa residente e a persoa visitante, sempre coa mascarilla posta e cunha posterior desinfección nas superficies de contacto.   SAÍDAS Concello en risco extremo ou alto: 3 saídas semanais (máximo 4 horas cada saída) Concello en risco medio e medio-baixo: 5 saídas semanais (máximo 4 horas cada saída)   PERMISOS DOMICILIARIOS Permitiranse as saídas das persoas residentes a pasar uns días ao seu domicilio, sempre e cando se cumpran as seguintes condicións: a saída ten que ser como mínimo de 5 días; o concello do seu domicilio non pode estar en nivel de risco extremo; á volta deberá realizar unha proba e antíxenos que se realizará na residencia.   A partir de mañá, venres 14 de maio do 2021, o concello de Cangas entra en nivel de restricións alto, co cal, as saídas semanais baixan de 5 a 3 ata novo aviso. Un saúdo dende a residencia DomusVi Cangas.

  • DÍA DA NAI

    3/5/2021

    Dende a residencia Domusvi Cangas queremos felicitar a todas as mulleres do mundo, e máis a aquelas que nos seguen de cerca. Porque sen vos, nada sería igual, gracias por todas as ganas que lle poñedes á vida, a vosa alegría e sacrificio, porque o día da nai, debería ser todos os días, e non só este. Queremos enviarvos unha aperta moi grande, porque non podemos estar máis orgullosos e orgullosas das nosas nais, que o merecen todo. E un gran bico a todas as residentas do noso centro, a todas estas mulleres maravillosas que nos alegran tanto os días e que tanto queremos. Na liña do post no blog do día do traballador, a semana pasada todas as nosas personas residentes traballaron tamén nunha manualidade para o día da nai. Consistía en pintar, recortar e plastificar os corazóns para finalmente pegalos a un pau. Este pasado domingo repartíronse entre todas as residentas o resultado do traballo da semana: un corazón por cada muller, por cada unha delas, que ten unha historia que contar e ainda seguir escribindo, polas súas vidas cheas de acontecementos. Aquí vos deixo as fotos dalgunhas das nosas residentas este domingo, un saúdo.

  • FELIZ DÍA DO TRABALLADOR E DA TRABALLADORA!

    2/5/2021

    Esta semana as nosas persoas residentes traballaron moito, e cunha finalidade moi bonita. A primera, a que vos amoso hoxe; en homenaxe ao día do traballador e da traballadora, 1 de maio, fixeron un lazo nas piruletas que deixaron como detalle para agradecer a todas as personas que traballan día a día para mellorar a súa calidade de vida. Todos os departamentos teñen a súa función, e despois deste ano tan duro, hai que agradecer todavía máis o traballo que fan para que a vida siga avanzando da mellor forma posible, velando polo benestar das persoas residentes e das súas familias. Dende aquí, quero felicitar, a parte de todas as persoas traballadoras da residencia, a todas esas persoas que cumpren unha función no seu posto de traballo esencial para que todos os ámbitos das vidas das persoas siga mellorando, porque todas e cada unha de nós, somos esenciais para que todo vaia mellor... MOITÍSIMAS GRAZAS A TODAS AS PERSOAS POLO TRABALLO QUE DESEMPEÑAN DÍA TRAS DÍA. Por aquí vos deixo fotos dalgunhas das persoas que fan fácil o difícil, e posible o imposible na residencia Domusvi Cangas. Un saúdo moi grande.

  • Chegou a Semana Santa!

    31/3/2021

    Estes días houbo moito movemento entre as nosas persoas residentes... E o que queda! Déixovos por aquí parte das fotos de dúas das actividades realizadas pola Semana Santa. Un saúdo e que teñades unha boa semana!

  • Aniversarios marzo!

    22/3/2021

    O vindeiro mércores 31 celebraranse os cumpreanos de marzo, felicidades a todas as nosas persoas residentes! Unha gran aperta!

  • MENU FEBREIRO

    1/2/2021

    Todos os menús DomusVi estan preparados  por un equipo de nutricionistas  co obxetivo de proporcionar aos nosos residentes unha dieta sá e adaptada aos gustos locais con productos de proximidade. Xa podes consultar o menú diario que ofrecemos aos residentes premendo na seguinte ligazón.   MENU INVIERNO FEBREIRO