Noche Vieja!

Publicado el 12 de enero de 2021

Este ano, para celebrar a festa de Noite Vella preparamos unha gala como as da televisión, onde houbo presentadores, actuacións musicais entre elas as de Nino Bravo, Rafael, Rafaela Carrá, Camilo Sexto , Lola Flores etc... e moitas sorpresas máis. Tamén contamos coas actuacións do noso querido público que se animaron con cancións tradicionais como velaivai, miudiño e moitas máis! Ao longo da gala sorteamos unha cea de cestas de nadal e como cada ano levamos as doce uvas da sorte ao son das badaladas coa esperanza de comezar un novo ano cheo de harmonia e felicidade. Aquí  vai unha mostra deste gran dia!

Más noticias