Queremos compartir con vosotros nuestras novedades y actividades
RESURRECTION FEST
6/7/2026
O pasado venres 3 de xullo tivemos a sorte de que nos convidaran a vivir o Resurrecction Fest dende dentro. Fixemos un recorrido por todo o recinto vendo os distintos escenarios, bares, etc e ata fumos á zona VIP. Sen dúbida toda unha experiencia. Moitas grazas á organización do festival por brindarnos esta gran oportunidade!!
MENÚ DE XULLO
30/6/2026
Xa podedes consultar o menú dende o luns 29 de xuño ata o domingo 2 de agosto
ACTUACIÓN MUSICAL
29/6/2026
Para rematar coa programación do San Xoán tivemos a actuación dos nosos indispensables 'Amigos do Folk' que sempre nos fan bailar e cantar animadamente. Foi un San Xoán moi especial, para o ano máis e mellor!
SARDIÑADA
29/6/2026
O pasado xoves tivemos a sardiñada na carpa ao aire libre comezando cunha animada sesión vermuth con cócteles sen alcohol. Para comer tivemos empanada, sardiñas e xeado e refrescos variados para beber.
FOGUEIRA DE SAN XOÁN
25/6/2026
Seguindo a tradición fixemos a fogueira de San Xoán no que foi a noite máis corta do ano
ACTUACIÓN AS FOLERPAS
23/6/2026
Como pistoletazo de saída do San Xoán onte tivemos unha actuación musical. Trátase do grupo infantil de pandereteiras As Folerpas (de 'Os do 21').
SAIDA Á PRAIA
22/6/2026
Con este bo tempo non hai mellor plan que saír á praia a dar un paseo e mollar os pes para refrescarnos!!
DÍA MUNDIAL DO MEDIOAMBIENTE
9/6/2026
O pasado venres 5 de xuño foi o Día Mundial do Medioambiente. Neste día fumos recoller basura polo xardín da nosa residencia, coa finalidade de sensibilizar acerca da importancia de coidar e respetar o medio ambiente.
PASEOS SAUDABLES COA CRUZ ROJA
8/6/2026
Boas familias, a semana pasado comezamos cos paseos saudables que realizaremos todos os xoves pola mañá acompañados da Cruz Roja. Nesta ocasión, os residentes deron un paseo corto e tomaron algo nun bar posto que comezou a chover, pero a idea é ir ata Viveiro ao mercado semanal.
XORNADA DE CONVIVENCIA
9/9/2026
O pasado martes tivemos unha xornada de convivencia entre residentes e fillos/as de traballadores/as do noso centro, para que estes coñezan dende dentro a nosa residencia. Os nenos/as pasaron unha mañá diferente realizando múltiples actividades xunto cos residentes. Fixeron diversos xogos, manualidades, experimentos, obradoiro de repostería onde fixeron galletas, gafas de realidade virtual, entre outros. Tanto pequenos como maiores pasaron unha mañá moi divertida, onde tanto pequenos como maiores se beneficiaron enormemente!
Celebramos no noso centro as festas de Naseiro que tanta tradición teñen en Viveiro. Tivemos comida especial con salpicón e paella; e a actuación dos nosos queridos 'Amigos do Folk' que nunca defraudan
Onte disfrutamos do eclipse, un momento excepcional e irrepetible que sen dúbida xamás olvidaremos. Moitas gracias ao Concello de Viveiro e á Deputación de Lugo, que nos proporcionaron as gafas para poder vivir este gran momento!!