Noticias y Actualidad en Residencia Viveiro
Queremos compartir con vosotros nuestras novedades y actividades
)
TRADICIONAL DISCURSO DE NOITEBOA.
24/12/2020
https://youtu.be/ZZlhoIIHcbY Como cada ano, na noite do 24 de decembro, Felipe VI dará o seu tradicional discurso do Nadal. Pero, Domus Vi Viveiro é unha república independente e o discurso desta noite ven da man da nosa Raiña particular, Pilar. Un ano, marcado pola pandemia e a crise sanitaria, social e económica parella á aparición da covid-19. Estes temas están moi presentes no discurso, así como un agradecemento ao persoal e familiares. Queremos con el, desexarvos unha felíz noiteboa, coa esperanza de que o aninovo sexa moito mellor. Unha forte aperta de tod@s nós!
)
O COVID É UN ENCORDIO.
23/12/2020
Queda solo un día para a NOITEBOA e por iso, queremos comezar coas felicitacións destas datas especiais. Pasamos un ano moi complexo e por elo, hoxe decidimos compartir un vídeo ao máis puro estilo do corte inglés. Unha parodia da canción Mi padre es un elfo. Cambiamos un pouco a letra, pois nós cremos que O Covid é un encordio pero, non por iso, nos privará da ilusión do NADAL. Xa chegou o nadal, Un ano máis, E o maldito virus con el quere acabar Isto aquí (Mascarilla) ti alá (marcando distancia) Todo baixo control Celebro sen medo Este mes especial Hoxe todo está a punto que arranque xa o nadal... Creo que o covid e un encordio (si o e, si o e, un encordio) Creo que o covid e un encordio (si o e, si o e, un encordio) Creo que o covid e un encordio (si o e, si o e, un encordio) Na fermosa voz de Inés Mariño a quen lle damos un millón de gracias por colaborar con nós!!! Agardamos que vos guste tanto como a nós facelo, pincha aquí: https://youtu.be/7rkmMnPidJI
)
LOTERÍA DE NADAL
22/12/2020
O 22 de Decembro ten lugar a lotería do Nadal, un día no que nos enchemos de ilusión e esperanza, que nos toque o gordo e facer realidade aqueles soños que aínda están por cumprir. Sen embargo, neste ano tan complexo a maior lotería é ter saúde, sona a tópico, pero superar unha pandemia mundial e un confinamento de tantos meses e todo un logro. En Domus Vi, Viveiro celebramos a nosa particular lotería, con premios e risas. Ademais, aproveitando esta celebración, o taller de estimulación cognitiva consisteu, como non, na temática da lotería. Agardamos que forades e sigandes sendo moi afortunad@s!!!
)
ENTREGA RECAUDACIÓN MERCADILLO SOLIDARIO. GRAZAS.
18/12/2020
En Domus Vi, Viveiro estamos moi content@s co resultado do I mercadillo Invisible Solidario. Coa colaboración do CRP Landro, Concello de Viveiro e Residencia de Maiores de Burela, recaudaronse 590.36 euros para a campaña de xoguetes de Cruz Vermella. Sabemos que é un ano moi complexo e que esta proposta era arriscada, pero como cada ano, codo con codo, conseguimos aportar un gran de area para que ningun nen@ quede sen o seu agasallo. Solo podemos dar as GRAZAS a tod@s os que aportastedes unha cantidade, por pequena que fora, todo suma.
)
I MERCADILLO INVISIBLE SOLIDARIO.
10/12/2020
SOLIDARIEDADE. A solidariedade é un valor humano que consiste en axudar a outra persoa de maneira desinteresada, é dicir, sen esperar nada a cambio e sen ningún interese polo medio. NADAL. Son datas nas que compartimos tempo e alegrías c@s nos@s familiares e amig@s. Pero hai moitas persoas que as viven en soidade e/ou con moitas dificultades dende un principio ou ben por cambios circunstancias da vida. Este sentimento de ledicia fai que cando nos acontece algo nas nosas vidas que impide celebrar estas datas como viña sendo habitual a tristeza sexa maior quedando ancorad@s na nostalxia. O medo a ausencia de saúde, a soidade, ás ausencias, o emprego ou a falta del, o medo a non poder ofrecerlle aos más pequen@s algún agasallo por estas datas que tod@s viven con ilusión.. son algúns dos sentimentos que tamén afloran. Por elo, nestas datas a solidaridade é esencial. CÓMO COLABORAR? En Domus vi, Viveiro, celebramos cada ano un mercadillo solidario no que colaboran centros educativos, residenciais, institucións, asociacións e entidades diversas da contorna. Nunha xornada de portas abertas na que se poñen a venta artigos artesanais realizados pol@s usuari@s de todos os centros colaboradores. Aquelas persoas que desexan colaborar acheganse ao noso centro para mercan o seu artigo e tamén a disfrutar de actuacións e un ambiente moi navideño. Este ano sería a VII edición. Nun primeiro momento este mercadillo celebrabase a favor d banco de alimentos do concello de Viveiro xestionado por Aspanane, a continuación pasou a donarse o recaudado á campaña de xoguetes da cruz vermella. Pero, por razón que tod@s coñecemos, esta modalidade de mercadillo non se pode realizar, sen embargo, queriamos aportar, tamén, o noso gran de area, por elo, creamos o MERCADILLO INVISIBLE SOLIDARIO, no que colaboran: RESIDENCIA DE MAIORES DE BURELA. CPR LANDRO, VIVEIRO. CONCELLO DE VIVEIRO. DOMUS VI VIVEIRO. en todos eles atoparás unha hucha ou peto no que podes facer o teu donativo e recoller a túa licenza solidaria, do 10 ao o 17 de Decembro para, así, o día 18 facer o reconto e donar integramente o recaudado a campaña de xoguetes da cruz vermella. ESTE ANO MÁIS QUE NUNCA, precisase da nosa axuda. Para saber en que consiste o mercadillo solidario, pincha neste enlace que te leva a un vídeo explicativo, tanto do mercadillo como da campaña de xoguetes da cruz vermella. https://youtu.be/HYUNsQA3Ecs
)
PROGRAMA DE ACTIVIDADES DE NADAL.
2/12/2020
“Con mascarilla ou sen ela, o nadal é sempre unha data especial. Extremamos a precaución e cargámonos de ilusión. Sorrimos coa mirada, celebramos con ganas, brindamos con amor e nunca perdemos o sentido do humor. Pedimos saúde, volver á normalidade, poder abrazar forte, desfrutar da amizade” programacion do nadal 2020-2021
)
25 N- QUE NON MO NEGUEN…
25/11/2020
O 25 de novembro celébrase o Día Internacional contra a Violencia de Xénero para denunciar e erradicar a violencia que sofren as mulleres en todo o mundo. A orixe do 25- N remóntase a 1981, cando o Primeiro Encontro Feminista Latinoamericano e do Caribe fixou este día para a concienciación e sensibilización acerca da violencia contra as mulleres, en conmemoración de tres activistas dominicanas. Máis tarde, en 1993, a a Asemblea Xeral da Organización das Nacións Unidas (ONU) declarou oficialmente esta data como o día internacional contra a violencia de xénero, e emitiu por primeira vez a Declaración sobre a eliminación da violencia contra a muller. Cada ano son multiples as manifestacións en contra desta lacra que solo conseguiremos erradicar dando visibilidade e apoio ás víctimas e castigando ao agresor. É fundamental a educación que lles damos aos nosos fillos e fillas, coeducando, educacar en igualdade. Este ano, por mor da pandemia, non se sairá ás rúas, máis desde que se desatou o brote de COVID-19, os novos datos e informes que presentan quen está en primeira liña revelan que se intensificou todo tipo de violencia contra as mulleres e as nenas, sobre todo, a violencia no fogar. É a pandemia na sombra que crece no medio da crise da COVID-19 e necesitamos un esforzo colectivo xeneral para detela. En Domus Vi Viveiro quixemos facer este vídeo que a continuación compartimos, é un playback da canción das Tanxugueiras Que non mo neguen, este grupo de mulleres, artistas e compositoras que ademais teñen unhas fermosas voces, a través do seu talento crean letras que empoderan a muller, pois o tradicional pode ser, tamén, feminista. Agardamos que vos guste! https://youtu.be/FbiJXvoWuIM
)
CONTACONTOS DO SAMAÍN: 1,2,3…VAMPIRO TI ES.
28/10/2020
Como cada ano, en Domus Vi, Viveiro, celebramos o Samaín. En anos anteriores, seguiamos a tradición de disfrazarnos, maquillarnos e desfilar polo centro... un xurado de expertos do terror, decidía quen era @ gañador/a dese espectacular desfile no que se concentraban: Drácula, muerte mexicana, bruxas, a santa compaña, Bitelchus, momias, Ring, etc... pero, este ano, tamén faltamos a esta cita anual. Sen embargo, extremando as precacucións, montando a actividade en varios días, maquillandonos de un en un, desinfectando e sacando a mascarilla unicamente no momento da foto, conseguimos facer de figurantes terroríficos do conto: Un, dous, tres, vampiro ti es que narrado por Pilar e Lucía nos fai reencontrarnos con persoaxes de terror a través da rima. Agardamos que vos guste tanto velo como a nos facelo!!!! Enlace: https://youtu.be/OJ3OUyVyznw
)
SAMAÍN
27/10/2020
A festividade do SAMAÍN, de orixe celta, serve como celebración do fín da tempada das colleitas e era considerada como o ano novo, ou ano novo celta, que comezaba coa estación escura. O verán rematou, os días son cada vez máis curtos e o desexo de que remate o ano está cada vez máis latente. Hoxe, en Domus Vi, Viveiro, decidimos celebralo á nosa maneira, con sesión de maquillaxe, sesión de fotos, decoración e algún consello...tomen nota!!!!
)
)
)
)