Noticias y Actualidad en Residencia Viveiro

Queremos compartir con vosotros nuestras novedades y actividades

  • RESPETO E DIGNIDADE

    15/9/2020

    Esta mañá concentrámonos á porta do centro gardando un minuto de silencio, do mesmo xeito que a inmensa maioría do persoal de residencias de toda España. Somos traballadoras e traballadores que coidamos persoas maiores e/ou con dependencia, persoas vulnerables que, día tras día, fóronse convertendo na nosa segunda familia. Velamos por eles, polo seu benestar físico e emocional, querémoslles e deixámonos a pel porque estean o mellor atendidos posible, máis aínda durante esta horrible pandemia que estamos a vivir e que supón un plus de esforzo e esgotamento das persoas. As imaxes recentemente difundidas en televisión e sacadas de contexto están a ser unha constante nestes últimos anos e supoñen unha nefasta imterpretación que nada ten que ver co que somos e os valores que compartimos. Esta constante mediática sumada ao contexto da pandemia fai moito dano aos traballadores do sector sociosanitario deste país. Os medios e a sociedade en xeral, desde o descoñecemento, están a poñer en cuestión a nosa profesionalidade, a nosa vocación, o noso bo facer e a nosa humanidade. Isto non é xusto. Por iso entendemos que é momento de lexitimar o noso traballo e esixir respecto a toda a sociedade, defendendo o labor tan importante e necesaria que leva a cabo nas residencias. Poden ver a nosa reivindicación en redes mediante o hastag # somossociosanitarios , en Domus Vi, Viveiro non chegamos a tempo coa cámara para plasmar a instantánea, sen embargo, fai uns meses, o mellor homenaxe que puidemos recibir veu dos nosos residentes. No seguinte enlace veredes un fermoso vídeo: https://www.facebook.com/domusvi.es/videos/605228400084952/ Seguimos adiante, mantendo este compromiso informativo que levamos realizando desde marzo mentres dure a actual pandemia, agradecendo a súa atención, o seu interese e, por suposto, a súa confianza.

  • SAN ROQUE.

    14/8/2020

    Chegadas estas datas, como en moitos outros Concellos, en Viveiro estariamos de celebración, xa que se celebran as festas patronais, San Roque. Era habitual realizar saídas a merendar ao monte de San Roque, comidas especiais, actuacións, baile e, tamén, a saída para ver o pasarrúas dos cabezudos e actuación da banda Municipal. Este ano, é un ano atípico, ao que ademais de adaptarse á nova normalidade, a non ver aos nosos seres queridos como e canto desexariamos, as celebracións son, tamén, diferentes. E se Mahoma non vai á montaña, a montaña vai a Mahoma,  por iso, esta tarde de Venres, uns cabezudos made in Domus Vi, bailaron ao ritmo de muiñeras polo noso centro facendo, así, un pasarrúas polas nosas instalacións. Aquí vos deixamos mostra delo!!

  • MOVETE,

    18/6/2020

    Bos días; así comezamos o día en Domus Vi Viveiro.  Na sala de fisioterapia os nosos residentes reciben tratamentos  de Luns a Venres.  Onde, tamén, seguen un programa de exercicios para manter un grao de movilidade e independencia que lles permita sentirse ben e manter a funcionalidade existente. Estes tratamentos acompañanse de xerontoximnasia, paseos e movilizacións pasivas, acordes á funcionalidade e necesidade de cada persoa. Non hai nada mellor que comezar o día activo!!!

  • DIA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE

    5/6/2020

    O 5 de Xuño celebrase o DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE; aínda que é o noso deber e a nosa responsabilidade coidar o noso planeta, nas últimas semanas vimos vendo en  prensa, televisión, redes sociais, etc.;  imaxes verdadeiramente lamentables, vemos que hai persoas moi pouco comprometidas.  Imaxes de mascarillas e luvas polo chan, océanos repletos de plástico e lixo, especies mariñas atrapadas no lixo...todas estas cuestións foron tema de debate durante o día de hoxe, ademais, patexámonos que medidas están na nosa man para salvar o planeta terra e chegamos a conclusión de que os nosos residentes no seu día a día eran uns verdadeiros ecoloxistas. Algunhas das medidas que tomaban eran: Mercar só o necesario, tanto a nivel alimentación como vestimenta ou calquera obxecto. Non tirar ao lixo as cousas cando aínda serven e tentar arranxalas cando sexa posible. Mercar no comercio local e consumir produtos de temporada. Autoavastecemento, na medida do posible, os nosos residentes plantaban verduras, hortalizas, etc. Tamén a través dos animais obtiñan ovos, leite, carne... Reciclar envases: lembran que ían á tenda a recoller leite, viño, etc., con botellas de vidro de varios usos. Usar un cesto ou carro para ir a mercar. se o fas en tendas do barrio podes facelo camiñando e paroveitas para moverte. Ducharse en vez de bañarse e cerrar a auga cando non se está a utilizar. Aproveitar a comida sobrante para alimentar animais (galiñas, porco...) ou ben para fabricar compós. Os nosos residentes din que so tiñan os electrodomésticos necesarios e que é moi importante mercalos de calidade para que duren mais.   Este consello levouno a debater sobre as comprar por internet, algúns opinan que son moi cómodas e que hai produtos ou momentos nos que é unha ferramenta útil, pero, o feito de non ser algo  tanxible fai que merquemos a cegas e non vemos cos nosos propios ollos o que estamos a mercar.   Foi un debate moi interesante que rematamos con un concurso, o PASAPALABRA MEDIOAMBIENTAL, case pleno de acertos!!!   E vos, que medidas tomades para coidar do noso planeta???

  • DENDE A NOSA FIESTRA.

    27/5/2020

    En Domus Vi Viveiro podemos presumir de marabillosas vistas. Vistas que serviron de inspiración a algún dos nosos residentes e creou este fermoso poema: Desde mi ventana veo el mar. Desde mi ventana veo la playa y su brisa puedo, incluso, respirar;  de momento, estoy contento pese a esta situación,  pensar que pronto saldremos me alegra el corazón. Por un lado la playa, por el otro el mar,  el alto de San Roque y el campo de fútbol, sin nadie que vaya a jugar. Estoy bien, estoy contento sabiendo que cada día queda menos para poder vernos. (M.G.P.) Estamos desexando saír, sentir a brisa e o cheiro do mar, pero, de momento, xa comezamos a pasear polo xardín e a realizar actividades en pequenos grupos. Comeza a conta atrais para a nova normalidade. E vós,¿Cómo levades o confinamento? ¿QUE BOTADES MÁIS DE MENOS?