Noticias y Actualidad en Residencia Viveiro
Queremos compartir con vosotros nuestras novedades y actividades
Más informaciónEXERIA, PRIMEIRA ESCRITORA.
9/3/2021
Exeria foi unha muller de orixe nobre que naceu e viviu na Gallaecia no s. IV da nosa era. Coñecemos a súa existencia polo descubrimento accidental dun manuscrito, copia doutro máis antigo, no que unha muller chamada Exeria ou Eteria narra a súa peregrinación dende Gallaecia ata Xerusalén. Na voz de Charo Vila coñecemos a historia da pioneira Exeria, caracterizada da mesma atopamos a María.
Más informaciónPIONEIRAS. MULLERES GALEGAS QUE ABRIRON CAMIÑO.
8/3/2021
As nenas crense menos brillantes ca os nenos a partir dos 6 anos. Con este titular déronse a coñecer os resultados dun estudo recente publicado na revista Science, que concluía que os estereotipos de xénero limitan as espectativas das nenas dende a máis tenra infancia. Este libro, quere achegarlles ás nenas, tamén aos nenos, a vida de doce galegas que conseguiron vencer as barreiras que lle estaban impostas ao seu xénero e dar os primeiros pasos por vieiros transitados ata ese momento só por homes. Foron pioneiras en diferentes ámbitos, en Galicia e tamén fóra; e algo moi importante, valiosas polo que conseguiron facer e non por como son. Doce mulleres, pero poderían ser máis, que aínda que non aparezan tamén están presentes. Para construir a nosa propia imaxe, as persoas necesitamos espellos nos que mirarnos, que nos permitan crer en nós mesmas, que nos fagan voar. Estas verbas podemos lelas na primeira páxina de Pioneiras, de Anaír Rodríguez e ilustracións de Nuria Díaz. En Domus Vi Viveiro empregamos este fermoso libro para conmemorar este 8 de Marzo recreando a doce mulleres galegas que abriron camiño. Unha das primeiras correspondentes de guerra foi galega, tamén unha das primeiras navegantes, escritoras ou directoras dun xornal. Mulleres reais ao igual que as nosas residentes e diversas que no seu día foron pioneiras en diferentes ámbitos e cuxas historias merecen ser coñecidas e postas en valor.
Más informaciónPHOTOCALL DE CARNAVAL.
21/2/2021
As redes sociais son plataformas dixitais formadas por comunidades de individuos con intereses, actividades ou relacións comúns (como amizade, relación, traballo). Permiten o contacto entre persoas e funcionan como un medio para comunicarse e intercambiar información. Durante a pandemia, este recursos mantivonos unidxs ao mundo exterior e en contacto con familias, amosando o día a día e as actividades especiais. O Martes de entroido o noso disfraz foi, precisamente este, as redes sociais: tik tok, whatsApp, Youtube, Facebook, Twitter, Instagram... aquí vos deixamos algunha imaxe do noso photocoll particular por unidades. Para xs nosos residentes este idioma resulta un tanto complexo, de outro planeta, explicar que é un @, hashtag, post, like... sen embargo, pouco a pouco todo isto vai cobrando sentido, aínda que sexa para pasar uns momentos de risas. O importante é que grazas a estes inventos podemos estar en contacto cos seres queridxs e que poden ver os nosos vídeos como se sairamos na tv. Ata pronto entroido!!!
Más informaciónPREMIOS ENTROIDO DE VIVEIRO.
20/2/2021
En Domus Vi, Viveiro estamos moi content@s!!! Resultamos gañadorxs en duas das categorías do concurso de disfraces, online, do concello de Viveiro. Así, levamos o premio á lonxevidade e, tamén, o 2 premio na categoría: grupo adult@s. Grazas aos votantes, ao Concello pola iniciativa e por sempre animarnos a participar. Grazas por facer posible que esta data se celebrara, aínda que de forma diferente, coa mesma ilusión e emoción. Hai uns robots que estarán soltando chispas de alegría... Benvidxs á era dixital 🥳
Más informaciónENTERRO DA SARDIÑA.
17/2/2021
O ENTERRO DE VIVEIRO É O ÚNICO QUE UTILIZA SÁBANA BLANCA, QUE É TOTALMENTE DISTINTO DO RESTO; AS SÁBANAS XUNTO COAS COPLAS, SON PROPIAS DESTE ACTO» Carlos Nuevo Cal, cronista. Por iso, en Domus Vi, Viveiro, mantemos a tradición da Vila; vestid@s con sábanas brancas e acompañad@s de música do entroido, desfilamos en procesión para despedir a nosa sardiña e con ela o Entroido 2021. Non faltaron as choronas e choróns, que vestidos de loito, choraban esta perda, aínda que a algun/nha se lle ían os pes para marcarse un baile. Agardamos con ansia o próximo ano. Xa sabes, Se te queres divertir, non tes máis que vir, ao entroido a Viveiro.
Más informaciónENTROIDO CONCELLO DE VIVEIRO.
17/2/2021
Cada ano, o MARTES DE ENTROIDO saíamos ás rúas de Viveiro para participar no seu desfile. Este ano, por razóns que tod@s coñecemos, este e outros desfiles da contorna non se puideron realizar. Para manter a tradición, dende o concello organizan un concurso virtual no que Domus Vi Viveiro participa. Se queres axudarnos a levar algún voto máis entra no seguinte enlace: Benvid@s á era dixital https://www.viveiroentroido.com/voteme/905717/644472281?lc=spa&ep1=mail Moitas Grazas.
Más informaciónVACINAD@S E PROTEXID@S EN DOMUS VI, VIVEIRO.
30/1/2021
@s residentes e traballador@s de Domus Vi, Viveiro xa recibimos a vacina conta a COVID19. Centros protegxidos, fogares seguros. En DomusVi apostamos decididamente pola vacinación d@s nosos residentes e profesionais. O noso programa Cuidado Seguro” e a vacina da COVID19, fan das residencias DomusVi fogares máis seguros onde vivir, e garanten o benestar integral das persoas que residen neles, así como das súas familias. A continuación poden ver imáxenes da vacinación de residentes e traballador@s:
Más informaciónFELÍZ ANO 2021
1/1/2021
Ano novo, vida nova. Así cita o refrán. Para despedir o fatídico 2020 por todo o alto non faltou baile, karaoke, brinde, bingo, cea especial, bos desexos e maquillaxe para lucir máis bonit@s aínda. Con bicos que quedaron nas mascarillas e apertas cos ollos queremos desexarvos un moi felíz ano 2021, que veña cargado de saúde, amor e tempo para compartir cos nosos seres querid@s.
Más informaciónNADAL DE LUINTRA.
25/12/2020
Hoxe, día de Nadal, queremos felicitarvos o día con este vídeo recopilatorio da tradicional representación do belén vivente de Domus Vi, Viveiro. Cada ano, na tarde da noiteboa, representamos esta peza teatral máis, este ano, como outras moitas cousas, non se puido facer en directo. Por iso, fixemos pase sen publico e rodaxe, así como das panxoliñas , este filme proxectamolo na tarde de onte nas diferentes unidades para que, así, todos puideramos disfrutar das trasicións. A modo de resumo deixamosvos algún fotograma a ritmo da panxoliña Nadal de Luintra de Berrogüeto. https://youtu.be/iUR0V7Yo9cg Felíz día!!!!
)
)
)
)