Noticias y Actualidad en Residencia Viveiro

Queremos compartir con vosotros nuestras novedades y actividades

  • XORNADA DE CONVIVENCIA

    9/9/2026

    O pasado martes tivemos unha xornada de convivencia entre residentes e fillos/as de traballadores/as do noso centro, para que estes coñezan dende dentro a nosa residencia. Os nenos/as pasaron unha mañá diferente realizando múltiples actividades xunto cos residentes. Fixeron diversos xogos, manualidades, experimentos, obradoiro de repostería onde fixeron galletas, gafas de realidade virtual, entre outros. Tanto pequenos como maiores pasaron unha mañá moi divertida, onde tanto pequenos como maiores se beneficiaron enormemente!

  • MENÚ DE SETEMBRO

    9/9/2026

    Aquí vos deixo o menú dende o luns 31 de agosto ata o domingo 27 de setembro para que podades consultalo.

  • FESTAS DE NASEIRO

    9/9/2026

    Celebramos no noso centro as festas de Naseiro que tanta tradición teñen en Viveiro. Tivemos comida especial con salpicón e paella; e a actuación dos nosos queridos 'Amigos do Folk' que nunca defraudan

  • ECLIPSE

    13/8/2026

    Onte disfrutamos do eclipse, un momento excepcional e irrepetible que sen dúbida xamás olvidaremos. Moitas gracias ao Concello de Viveiro e á Deputación de Lugo, que nos proporcionaron as gafas para poder vivir este gran momento!!

  • ACTIVIDADE INTERXERACIONAL

    12/8/2026

    Hoxe recibimos a visita nos nenos/as que participan no 'Proxecto de reforzo educativo, lecer e tempo libre' que organiza o Concello de Viveiro. Contámoslles e viron cos seus propios ollos cómo se vive na residencia, quén traballa, os diferentes espacios,... Ademais fixemos un obradoiro de repostería onde colaboraron os nenos/as e os residentes facendo galletas que logo degustarán na merenda. Foi unha actividade moi enriquecedora!

  • FESTA DA CERVEZA

    6/8/2026

    O mércores celebramos a festa da cerveza, brindamos con cerveza ou mosto e comimos empanada e xeado. E, para rematar, tivemos a actuación de 'Espera que vou mexar' un dos grupos que máis a miúdo nos visitan e que nos animan a cantar e bailar con eles cancións moi coñecidas. Foi unha tarde de xuntanza e diversión!

  • CUMPLE CONCHA 102 ANOS

    4/8/2026

    O pasado venres tivemos o aniversario de Concha, que cumpleu nin máis nin menos que 102 anos. Unha celebración tan única e especial como ela, e que os seus familiares máis cercanos non quixeron perderse. Sen dúbida, un momento que nunca esqueceremos!

  • MENÚ DE AGOSTO

    31/7/2026

    Aquí vos deixo o menú dende o próximo luns 3 de agosto ata o domingo 30 de agosto, para que podades consultalo

  • MISA

    30/7/2026

    No noso centro os residentes que así o desexen poden asistir á misa que se celebra cada xoves ás 11:30