ÁUREA RODRÍGUEZ. GAITEIRA.
Publicado el 22 de marzo de 2021
María Áurea Rodríguez Rodríguez, nada o 16 de Novembro de 1897 en Muntián (Cartelle), foi unha gaiteira galega, a primeira documentada da historia. Foi a maior dos seis fillos do matrimonio José Rodríguez e Hermelinda Rodríguez. Comezou a tocar a gaita arredor de 1907, á idade de dez anos. Logo do falecemento dos seus pais formou xunto cos seus irmáns Castor, Felisindo, Manuel e Eliseo, o grupo Os Maravillas (en referencia á parroquia de onde son orixinarios) . O grupo tivo un enorme éxito en toda a xeografía galega durante os anos vinte. En 1929 as xiras do grupo traspasan as fronteiras de Galicia, realizan actuacións en Madrid, que coroan a Aurea como La reina de la gaita Gallega, e pola Arxentina no mes de novembro. Na década dos trinta desfaise o grupo. A última nova sobre Aurea é dunha actuación que tivo lugar en Venezuela en 1945. LECTURA: SOFÍA FIGURANTE: ANA ELVIRA.
)
)
)
)
)