Noticias y Actualidad en Residencia Viveiro
Queremos compartir con vosotros nuestras novedades y actividades
Más informaciónHoxe chegan os Reis!
5/1/2023
Xa están aquí os Reis Magos! Esta fin de semana despedimos o nadal coa chegada dos Reis Magos. Hoxe, sobre as tres da tarde, achegaranse ao centro saudar aos nosos residentes e, quen sabe, igual deixan algo nas habitacións... Logo irán facer a cabalgata, que tamén poderemos ver pasar por diante do centro e darlles o último saúdo. Para rematar, aquí vos deixamos o menú que poderán disfrutar mañá no centro. Feliz día de Reis a todxs!
Más informaciónO Mercadillo Solidario foi un éxito grazas a vós!
21/12/2022
Despois de moito tempo traballando para este día, o pasado xoves día 15 abrimos as portas do noso centro para a celebración do Mercadillo Solidario. Nos comprace anunciarvos que a recaudación ascendeu a un total de 935 euros, que xa foron integramente donados á campaña de xoguetes de Cruz Vermella. O pasado luns incluso fumos axudar coa compra de xoguetes cos cartos recaudados. Dende aquí queremos dar as grazas aos nosos residentes, e a tódalas entidades colaboradoras por facer algo tan importante para as familias con menos recursos. Moitas grazas ás seguintes entidades: C.E.P. Lois Tobío E.E.I. San Roque C.E.I.P. Santa Rita de Galdo C.E.I.P. de Covas C.E.I.P. de Celeiro Colexio Landro I.E.S. Vilar Ponte Residencia de Maiores de Burela Asociación de Axuda ao Enfermo Mental A Mariña ASPANANE Centro de Día de Alzheimer Celeiro-Viveiro Concello de Viveiro
Más informaciónMercadillo Solidario
9/12/2022
O próximo xoves día 15 de decembro celebraremos unha nova edición do noso mercadillo solidario. O noso centro abre as portas para recibir as visitas dos nenos e nenas dos colexios da zona e de todo aquel que se quera achegar e facer a súa aportación. Diversas entidades (ver cartel) da zona aportan material con motivos de nadal. Todo o recaudado irá destinado á campaña de recollida de xoguetes de Cruz Vermella. Os horarios de visita son: 11:00-13:30 15:30-19:30
Más informaciónRematamos a ponte coa celebración do Samaín!
2/11/2022
E despedimos o mes de outubro e esta ponte de tódolos santos celebrando o Samaín. Este terrorífico desfile de disfraces non pode quedar sen amosar, así que aquí tedes a mostra do espeluznantes que quedaron vestidos e pintados xs nosxs residentes!
Más informaciónE chegou o Magosto!
2/11/2022
O pasado venres, día 28, celebramos o magosto. Ao máis puro estilo Juan Palomo, os residentes pelaron e disfrutaron as castañas nesta bonita celebración. Houbo castañas cocidas e asadas, para tódolos gustos, e para amenizar a tarde tivemos a sorte de contar cos Amigos de Folk. Aquí tedes unha mostra do ben que o pasamos!
Más informaciónAniversarios do mes
27/10/2022
Aquí vos deixamos coas afortunadas do mes de outubro! Moitas felicidades para elas e que cumpran moitos máis!
Más informaciónAviso de comienzo de encuestas
14/10/2022
Os informamos de que, como todos los años, damos comienzo a la realización de encuestas de satisfacción con el fin de conocer vuestras necesidades, recomendaciones y sugerencias.
Más informaciónDía do Maior!
4/10/2022
O pasado venres celebramos o Día do Maior. A verdade é que calquera excusa é boa para facer unha festa, e este día non podía ser menos. Tivemos photocall, baile e bingo con premio especial! Hoxe vai por eles e elas, polxs nosxs maiores!!
Más informaciónDía Mundial do Alzheimer
28/9/2022
A pasada semana celebramos o Día Mundial do Alzheimer, desgraciadamente unha das enfermidades que nos toca máis de preto. Este ano decidimos celebralo con recordos. Con recordos de onde nacimos e onde nos criamos, e para iso fixemos un mapa localizando estes importantes puntos e viaxamos por internet ata eses lugares. chegando incluso a ver a casa dalgún dxs nosxs residentes! Poderedes ver na zona de visitas do centro o mapa que fixemos coas localizacións dos lugares de procedencia dxs nosxs residentes. É curioso comprobar que temos residentes de tódalas provincias de Galicia.
)
)
)
)