ACTIVIDADE INTERXERACIONAL
Publicado el 29 de octubre de 2026
O martes comezamos un proxecto co 4º curso de Educación Primaria de CEIP Plurilingüe de Covas. Este proxecto títulase 'unha caixa de vida', onde este alumnado nos visitará unha vez ao mes e o produto final será a creación dunha caixa/arquivo de xogos, historias, lecturas, cancións e experiencias compartidas. No primeiro día o alumnado coñece os diferentes espazos do centro e coñece da man dos residentes como é o día a día na residencia. Foi unha toma de contacto para coñecernos e presentarnos a través de preguntas que o alumnado lles fixo aos residentes. Os nosos residentes beneficiáronse moito, disfrutaron coa actividade e xa están con ganas do seguinte encontro!
:quality(90))
:quality(90))
:quality(90))
:quality(90))
:quality(90))
:quality(90))
:quality(90))