¡Más cartas!
Publicado el 20 de abril de 2020
Buenas tardes familia, Hoy, queremos empezar la semana compartiendo con tod@s vosotr@s una carta muy emotiva y llena de esperanza que ha recibido el equipo de trabajadores DomusVi Noia por parte de la familia de un residente. Síntome na necesidade de expresarvos a través deste escrito, o mais sinceiro agradecemento aos responsables e a todo o persoal da Residencia Domus Vi Noia, pola vosa permanente entrega, dedicación, profesionalidade, cariño e todo ese inxente traballo que estades a facer no voso quefacer diario (que ademais me consta, vai moito mais alá das vosas obrigas), para atender, axudar e coidar aos nosos maiores, así como para superar esta complexa e delicada situación. Quedaron atrás xa os momentos mais duros e tensos do inicio desta crise: intres de temor e de incertidume por verse ameazados pola pronta evolución desta; da falta de información, pautas e protocolos de actuación para atallar o problema; de ter que adaptarse a unhas unha novas circunstancias vitais e tamén laborais, ... e por suposto tamén por unha evidente falta de recursos e equipamentos sanitarios, de protección, etc., xa que esta pandemia nos colleu a todos moi pouco ou nada preparados. Debo recoñecer que o voso proceder e pronta resposta na posta en marcha das oportunas medidas de protección de cara aos usuarios por unha banda, así como a constante información e atención para coas familias, doutra, deunos o alento, a confianza e a tranquilidade precisas, para saber que os nosos seres queridos están en moi boas mans e que entre todos imos ser quen de facerlle fronte a este pesadelo e por iso “todo vai saír ben”. Das moitas ensinanzas que deles recibimos, “é de ben nacidos ser agradecidos”. Esta é a débeda que hoxe nós queremos empezar a saldar con todos e todas vos. Grazas, moitas grazas por todo: - por estar sempre ao seu carón; - por facerlles chegar ese afecto e o cariño que hoxe nós non lles podemos dar; - por todas esa atención e coidados, que noutrora eles tiveron con nós e hoxe, na nosa ausencia, tedes vós para con eles; - por axudalos nas súas necesidades e tratalos nas súas doenzas; - por aportarlles sosego e tranquilidade; - polas vosas chamadas informándonos do devir da situación; - pola vosa fortaleza, valentía e gañas de gañarlle a partida ao virus, arriscandovos e expoñéndovos a el no voso traballo cotián; - pola vosa profesionalidade e tamén pola vosa xenerosidade, .... por iso e por moitas cousas mais, queremos pedirvos tamén que vos coidedes moito. Queremos sumarnos dende a distancia á que nos obriga este confinamento e eses moitos e sentidos aplausos que estades a recibir doutras familias de residentes, da veciñanza que adoita saír aos seus balcóns, dos corpos de forzas de seguridade, .... tal como podemos ver tamén nos vídeos que compartides nas redes sociais. Aplausos e agradecementos por coidar da nosa nai, da nosa avoa, en particular ... e de todas as nais e pais, avós e avoas, que conforman esa familia de residentes de Domus Vi Noia. Vaian os nosos mellores desexos de saúde e benestar para todos e todas eles, así como tamén para todo os profesionais que conformades a plantilla do centro. Toda a nosa forza e ánimo neste voso quefacer diario, coa esperanza de que pronto poidamos volver a esa ansiada normalidade. Fdo: Xavier S. ¡¡Muchas gracias a tod@s por vuestros constantes ánimos, fuerza, y mucho cariño!! #Junt@sLoParamos
)
)
)