Día Mundial do Medioambiente! ✨🌱

Publicado el 11 de junio de 2025

O 5 de Xuño conmemórase o 'Día Mundial do Medioambiente'. Ao longo destas últimas semanas estivemos traballando arreo para crear unha pequena horta, denominada 'Semente', un nome que fai referencia ao crecemento e plantación de novas vidas, a sementeira de valores como o respecto, a responsabilidade e esperanza nun futuro máis verde e sostible. Semente foi creado a través de materiais reciclados, transformando algo que non utilizamos nun espazo cheo de vida e conciencia ecolóxica. E para poñer punto final a este día, realizamos 'O Pasapalabra do Medioambiente'. Grazas a el, aprendemos novas palabras e conceptos que nos axudan a entender a importancia de protexer o noso Fogar. E recordade, 'Por cada semilla que sembremos, por moi pequena que sexa, pode convertirse nun gran cambio'

Más noticias