Celebramos o San Xoán! 🔥
Publicado el 1 de julio de 2025
O luns, en Domus Vi Noia, celebramos o San Xoán por todo o alto! 🔥🥳 Comezamos conmemorando esta data cunha fermosa misa. Despois, desfrutamos dunha pequena sesión vermú antes de degustar as tradicionais sardiñas de San Xoán. Tamén realizamos a queima dos desexos, onde botamos os nosos mellores desexos, e rematamos coa famosa queimada. Para poñer o broche final a este día tan especial, contamos coa actuación de “Falcoeiras de Nebra”, quenes se encargaron de amenizar a festa e poñernos a todos/as a bailar. Como nos gustan as festiñas e canto desfrutamos! 🤭 Grazas a todos/as os que fixeron posible este día tan memorable!