HISTORIA DE NOIA
Publicado el 10 de octubre de 2019
Xerardo Agrafoxo é un importante historiador e investigador galego con numerosas obras escritas de ensaio e narrativa. Entre a súa bibliografía cabe destacar a investigación sobre a historia de Noia e Lousame, a Guerra Civil Española, entre outras. Para nós en o fillo de Magdalena Pérez, unha das nosas residentes. E estou segura que este título o fai sentir tremendamente orgulloso. Home discreto, intelixente, amable e atento -non só coa súa nai senón tamén con outros maiores e persoal do centro- vémolo pasear a miudo cunha dedicación constante a súa nai. Recentemente acaba de escribir a súa obra Historia de Noia, no que fai un percorrido histórico pola vila desde a prehistoria ata a idade moderna, destacando a importancia da vila na época medieval. A nosa animadora Elena Calo xa ten a obra nas súas mans e recomenda a súa lectura a todos aqueles ós que lle interese coñecer en profundida a historia de Noia e, entre outras cuestións relevantes, a súa importancia como Portus Apostoli. Disto xa vos falaremos máis adiante... ¡Grazas Xerado!
)
)
)
)
)
)