Noticias y Actualidad en Residencia Cangas
Queremos compartir con vosotros nuestras novedades y actividades
)
FESTA!
1/7/2022
Onte foi un dia moi especial na residencia, deses que non se olvidan facilmente. Tivemos a tan esperada festa de San Xoán, que non puidemos celebrar a semana pasada polo mal tempo, cunha actuación magnífica na que bailamos e cantamos ata non poder máis, e a maiores fixemos unha pequena fogueira e unha queimada para rematar a tarde. Xa botábamos de menos as festas e as actividades con bo tempo, e neste verán estaremos dándoo todo! De merenda tomáronse as tartas de aniversario, así que tamén tivemos unha merenda diferente. Grazas a todas as familias que estivéstedes pola tarde en horarios de visitas, e esperamos que fose do voso agrado, repetiremos seguro! Por aquí vos deixo algunhas fotografías da tarde. Un saudo, Fran.
)
ANIVERSARIOS XULLO
29/6/2022
No vindeiro mes de xullo temos de aniversario a 17 persoas residentes! Neste mes de verán marcado polo desfrute do tempo libre, o calor e a praia. Esperamos que o pasedes tan ben como nós! As persoas que están de aniversario son as seguintes: Josefina Novas Manuel Corredoira María Josefa Gregorio Honorio García Juana Barreiro Socorro Iglesias Isabel Iglesias Luisa Sousa Encarnación Gómez Juan Novoa Ana Paz Carmen B. Gosende María L. Francisca Martínez Enrique Fernández Constantina Mera Pablo Troncoso Lidia Fernández
)
VISITA AO MUSEO MASSÓ
15/6/2022
Hoxe, mércores 15 de xuño, 11 das nosas persoas residentes fixeron unha nova saída ao museo Massó de Bueu para coñecer máis en profundidade a vida na fábrica e o traballo relacionado co mar. Foi unha experiencia moi gratificante para todas elas e voltaremos a ir cando teñamos outro grupo de residentes que así o queiran e que nunca foran. Por aquí vos deixo algunhas fotos. Un saudo, Fran.
)
UNHA VISITA DE CATRO PATAS MOI AGRADABLE
9/6/2022
Ola a todxs! Onte, mércores 8 de xuño, tivemos unha visita moi especial e esperada por todas as nosas persoas residentes. Viñeron toda a tarde pola residencia catro fermosos e cariñosos cans a estar con nós, e con eles, catro persoas maravillosas que fan unha labor increíble con todos eses cans que os necesitan. Esta visita ten un nome detrás, Protectora do Morrazo. Repetiremos seguro a experiencia, e realizaremos cousas diferentes con eles, xa que sempre é un placer tanto o benestar das nosas persoas residentas como a difusión da protectora para que poidan obter a maior axuda posible. Que beneficios ten o trato cos cans? Mellora o estado de ánimo. Axuda a mellorar a atención. Prevén a depresión e a monotonía. Evita o sentimento de soidade. Disminue a ansiedade e o estrés. Fomentan o contacto social e físico. Serve como motivación. Creación dun vínculo positivo. Fortalecemento dos músculos mediante a interacción. Mellora da coordinación e a motricidade fina. Por aquí vos deixamos fotos da tarde de onte. Un saudo, Fran. Departamento de Animación Sociocultural.
)
MENÚ XUÑO
30/5/2022
Todos os menús DomusVi están preparados por un equipo de nutricionistas có obxetivo de proporcionar ás nosas persoas residentes unha dieta sá e adaptada aos gustos locais con productos da proximidade. Xa podes consultar o menú diario que ofreceremos ás persoas residentes premendo na seguinte ligazón. Menú Cangas Junio
)
MAIOS 2022
18/5/2022
Ao chegar a primaveira, chega a época da exaltación da natureza. Os maios é o nome da festa popular galega que soe celebrarse no mes de maio. Durante as festividades realízanse representacións, bailes e cantos arredor dos maios, que son unhas estructuras tradicionalmente inspiradas en figuras de árbores pero que adoptan na actualidade formas máis variadas, con adornos de flores, follas e frutos. As persoas residentes quixeron deseñar unha de estas tradicionais estructuras e no seu proceso fomentaron a cohesión grupal, xa que o traballo foi en grupo! Estimularon a súa creatividade co deseño decidido e traballaron a coordinación óculo-manual na elaboración. O máis importante, divertíronse moito realizando a actividade ao aire libre xa que o tempo acompañaba a semana pasada. Esperamos que vos guste! Por aquí vos deixamos algunhas fotografías.
)
ESTIMULACIÓN COGNITIVA
18/5/2022
A estimulación cognitiva é algo que facemos a diario coas persoas residentes. Manterse activo mentalmente é moi importante para retrasar o envellecemento, pero cando xa existe certa alteración cognitiva tamen é posible traballar as funcións preservadas con tareas dinámicas e visualmente atractivas. Isto supón múltiples beneficios psicolóxicos, entre eles: Fomentar a atención Favorecer a comunicación e linguaxe Reducir a axitación Aumento da autoestima ao conseguir os logros que buscamos Traballar a psicomotricidade Favorecer o estado emocional
)
DÍA DA NAI
2/5/2022
Onte, día 1 de maio, primer domingo do mes, celebramos no centro o día da nai, de todas esas mulleres que tanto deron por todas nós. Realizáronse actividades durante toda a semana en relación a este día tan especial, e fixéronse unhas tarxetas para entregarlles a todas. Por aquí vos deixo algunhas fotos da entrega destas tarxetas. E agradecer dende o departamento de Animación Sociocultural a todas esas familias que participaron na iniciativa de enviar unha carta á súa familiar.
)
1 DE MAIO, DÍA DA NAI E DÍA DO TRABALLADOR
26/4/2022
Este domingo é o día da nai, que tamén cadra co día do traballador, e para ter un pequeno detalle coas nosas persoas residentes, e sobre todo coas mulleres, anímovos a escribirlle unha carta na que lle queirades dicir algo e que o garden como recordo dos seus fillos, das súas fillas ou de calqueira outra persoa da familia ou que simplemente lle teña un cariño especial. Podedes realizar tanto unha carta escrita a man e deixala en recepción aclarando que é para o departamento de Animación, ou enviar un correo ao seguinte mail: [email protected] Un saudo dende o departamento de Animación Sociocultural.
)
)
)
)