Noticias y Actualidad en Residencia Cangas

Queremos compartir con vosotros nuestras novedades y actividades

  • COMEZO ENQUISAS DE SATISFACCIÓN FAMILIA

    18/10/2022

    Informamos de que xa deron comezo as enquisas para as familias que se fan por correo electrónico ou por vía telefónica. Esta publicación é para informar de que dende onte xa se están facendo, e canto maior sexa a participación mellor. Neste pdf tedes o cartel informativo, que tamén está colgado nas instalacións do centro. Comezo enquisas familias

    Más información
  • CELEBRACIÓN ANIVERSARIOS SETEMBRO

    10/10/2022

    Por aquí vos deixo algunhas fotografías da celebración dos aniversarios do mes de setembro, que se celebraron o día 30. Ese mes no que remata o verán e comeza o outono... Agora xa estamos preparando os aniversarios do mes de outubro! Recordade que sempre se celebran o derradeiro venres de cada mes. Un saudo.

    Más información
  • EXCURSIÓN SANTIAGO DE COMPOSTELA

    8/10/2022

    Onte visitamos Santiago de Compostela, máis concretamente a zona da catedral, onde paseamos, estivemos dentro dela e comemos nas inmediacións. Fomos con outras catro residencias DomusVi; Barreiro, Ribadumia, Cidade de Pontevedra e Lalín. As nosas persoas residentes puideron coñecer así a outros residentes doutras zonas a desfrutar dun día diferente. Por aquí vos deixo algunhas fotos. Seguiremos traballando en novas excursións! Un saudo, Fran.

    Más información
  • RESULTADOS DE LA ENCUESTA DE SATISFACCIÓN DE DOMUSVI CANGAS

    5/10/2022

    Nuestros residentes y sus familias han otorgado la siguiente nota: 7,8 Las encuestas que se hicieron durante el primer semestre del 2022 a los residentes y sus familias, fueron realizadas por el instituto independiente SAD MARKETING ¡Gracias! Tu opinión nos ayuda a mejorar.

    Más información
  • CELEBRACIÓN ANIVERSARIOS AGOSTO

    30/8/2022

    Neste mes de agosto que está rematando cun tempo menos de verán celebramos os aniversarios das persoas que cumpriron ao longo del, por aquí vos deixo algunhas fotos. Recordade que sempre se celebran o derradeiro venres de cada mes. Os próximos son os de setembro, ahí veñen!

    Más información
  • XORNADA DE RECICLAXE CON ECOEMBES

    25/8/2022

    Onte, día 25 de agosto, tivemos pola tarde unha visita para aprender e resolver dúbidas entre as nosas persoas residentes. Acompañounos unha rapaza de ecoembes cunha actividade un pouco diferente para aprender a reciclar: un bingo! Sacábanse aleatoriamente tarxetas que dentro traían un resíduo diferente (pilas, comida, xoguetes, latas, botellas, panos...) e quen o tuvera no seu cartón debería marcalo, para así cantar primeiro a liña e posteriormente o bingo. Mentres se sacaban as tarxetas, explicábase en qué contenedor debería ir de todos os que tiña montados no salón. Ás dúas persoas que cantaron a liña e o bingo déronlle un pequeno detalle. Por aquí vos deixo algunhas imaxes da tarde de onte.

    Más información
  • XOGOS POPULARES COA ASOCIACIÓN JUAN XXIII

    26/7/2022

    Hoxe pola mañá tivemos a visita da Asociación Juan XXIII de Cangas, na que organizamos unha xornada de xogos populares co motivo do Día do Avó. Trouxeron xogos populares, interactuaron coas nosas persoas residentes e pasamos unha mañá diferente. O trato foi increíble e as persoas da do Juan XXIII fixeron unha labor maravillosa, só nos queda darlle mil grazas por facer desta mañá un momento diferente, e contaremos con eles para facer outras actividades que se nos ocorran. Por aquí vos deixamos algunhas fotos.

    Más información
  • XERONTOLIMPIADAS EN FAMILIA

    18/7/2022

    Boas! Para a semana, o martes 26 de xullo, celebraremos no centro unha xornada pola tarde con xogos populares nos que poderán participar todas aquelas persoas que queiran. As persoas familiares poderán acompañar á persoa residente, sempre e cando se pida cita previa e se manteña a mascarilla en toda a visita. Poderase participar naquelas probas que se queira e estarán supervisadas polo persoal do centro, que anotará as puntuacións, e ao final determinaranse as persoas gañadoras de cada proba, obtendo así un premio a cada residente que gañe a proba e toda aquela persoa que participe recibirá un diploma. Por que facemos este día as xerontolimpiadas en familia? Porque este mesmo día é o día do avó e da avoa, no que a ONU determinou este día como aquel para concienciar contra a discriminación das persoas maiores, chamando a atención sobre os estereotipos negativos e as ideas falsas do envellecemento. Dende a residencia DomusVi Cangas, esperamos que vos animedes a vir a participar neste día un tanto diferente para as nosas persoas residentes! #AbuelolimpiadasDomusVi Un saudo, Fran.

    Más información
  • EXCURSIÓN MUSEO PONTEVEDRA

    7/7/2022

    Onte tivemos un día moi especial para algunhas persoas residentes! Realizamos unha actividade conxunta con outra das nosas residencias, DomusVi Ribadumia e con axuda dunhas rapazas de Zaragoza que eran voluntarias. Un día moi diferente e moi agradable grazas a elas, grazas de todo corazón! O punto de partida foi a residencia de DomusVi Pontevedra, fomos ata o museo andando e alí realizamos a visita guiada en dous grupos. Ao rematar fomos a tomar algo a unha cafetería próxima para charlar un rato e respirar un pouco despois de toda a tarde facendo cousas, xa que facía bastante calor. Para rematar sacamos unha foto todxs xuntxs para o recordo. Seguiremos facendo actividades diferentes e nas que poidan participar persoas residentes diferentes, para que así todas poidan disfrutar o máximo. Por aquí vos deixo algunhas fotos da tarde! Un saudo, Fran.

    Más información