Noticias y Actualidad en Residencia Ferrol
Queremos compartir con vosotros nuestras novedades y actividades
Más informaciónPersoeiras de DomusVi Ferrol
12/3/2020
Carmen Adega, naceu en Canido, e é a nai da nosa querida Carmen Rivera, unha das nosas residentes. Naceu en 1914 e declarábase feminista. Carmen, a súa filla, comenta que sempre foi moi botada para adiante e con moita inquietude polo coñecemento xeral; gustáballe moito ler e deboraba calquera libro que lle pasara polas mans. Nunha pequena libreta á que chamou vaguedadesanotaba todo o que se lle pasaba pola cabeza. Sobre as súas páxinas en branco anotaba todo o que non se atrevía a dicir. Pensamentos que viron a luz nun libriño titulado Poesía. Nel recóllese o seu amor por Ferrol, e por Canido, e a súa tristeza polos orfos, cos que se sentía moi identificada. Sempre reivindicou que as amas de casa deberían percibir un soldo, e que a súa labor ten o mesmo valor que calquera traballo fora do fogar. Hoxe, gracias á súa filla Carmen, recordámola, e rendímoslle o noso pequeno homenaxe!
Más información«As Violetas»
7/3/2020
Hoy a las 12.00h de mañana, víspera del 8M, el ayuntamiento de Ferrol organizó en los diferentes barrios de la ciudad una ACCIÓN DE CALLE con el nombre de AS VIOLETAS. En ella se invitaba a la gente a escribir en una cartulina violeta el significado de la palabra mujer, para después exponerlo al público en una figura de cartón pluma con la silueta de una mujer y hacer una reflexión sobre los resultados. DomusVi Ferrol no podía faltar a la cita, y allí estuvimos participando en la iniciativa y aportando nuestro granito de arena a la lucha contra la desigualdad de género. Dicha actividad tendrá continuidad esta tarde de 17.00 a 21.00h en el Crucero de Canido, Centro Cívico de Caranza, Plaza de Ultramar, Plaza de España y Plaza del Himno Gallego (Esteiro). Además a la 19.00h de la tarde en el Antiguo Hospicio tendrá lugar un Ciclo de Charlas Mulleres e Sociedade con la colaboración de la Asociación Fuco Buxán. ¡acercaros a participar! POR TODAS, ES TIEMPO DE MUJERES #domusviferrol#polaigualdade#portodas#étempodemulleres#concellodeferrol
Más informaciónOs Colludos en DomusVi Ferrol
29/2/2020
Coma tódolos anos os/as nosos/as amigos/as dos Colludos veñen a exhibir a súa arte ao noso centro. Sempre cheos de colorido, e con canción protesta e crítica ante as desigualdades, os Colludos alegrannos a existencia. Moitas gracias colludas/os!
Más informaciónVisita ao Museo do Humor
29/2/2020
Tiñamos pendente unha visita ao museo do humor de Fene; este espazo contén obras de grandes humoristas gráficos galegos e de todo o mundo; as obras que aquí están son orixinais de varios artistas: desde os clásicos como Xaquín Marín, Siro, Reimundo Patiño, Quesada ou Forxán, aos actuais como Luís Davila, Pinto&Chinto, Andrés Meixide, Kiko Dasilva, Leandro Barea ou Miguelanxo Prado. Ademais, o Museo do Humor de Fene conta cun recuncho reservado á caricatura e con dúas salas temáticas dedicadas, por unha banda, ao humor negro e, por outro, á banda deseñada. http://fene.gal/museo-do-humor/o-museo/es
Más informaciónBaile de Entroido en DomusVi Ferrol
29/2/2020
Chegou o entroido e ademáis de comer orellas, roscas e darlle ao anisete, bailamos e cantamos no noso, xa tradicional, baile de entroido! Este ano no noso concurso de disfraces sorpenderonnos coa nena do exorcista, cos anos 50, coa natureza,...pero o premio ao mellor disfraz levouno, parchís!
Más informaciónComparsa 100% Ferrol no Entroido de Fene
28/2/2020
Un ano máis facemos acopio de toda a nosa enerxía e saímos ao Carnaval de Fene, coa nosa estupenda comparsa; este ano, o noso proxecto de revalorización de Ferrol, levou integrado a realización dos disfraces que consistiron en visibilizar todos os estamentos clásicos ferrolanos: as bandas, os tunos, militares e mariñeiros/as, os bazaneiros/os, o seu macaco de Ferrol mola,etc Coma sempre, foi impresionante a acollida das xentes de Fene. Damos gracias un ano máis por recibirnos tan ben!
Más informaciónExposición do Racing de Ferrol en AFUNDACIÓN
15/2/2020
Nesta mañán de sábado acudimos a AFUNDACIÓN a ver a estupenda exposición sobre o Racing de Ferrol que se inaugurou a principios de febreiro. Este gran traballo realizouse gracias aos coleccionistas Goyo López Fraile, Fran Serantes e o historiador Jorge Deza. O ano pasado o Racing de Ferrol cumpliu 100 anos e facer un percorrido pola historia do clube, dunha forma tan ilustrada, merece un aplauso. Recomendamos aos apaixoados do fútbol que se pasen por AFUNDACIÓN.
Más informaciónAínda que chova, non perdemos unha!
1/2/2020
Está chovendo a cántaros, pero nós animámonos o mesmo a saír de parranda. Desta volta tocoulle un paseíño polo centro comercial.
Más informaciónPhotocall 100% Ferrol
13/1/2020
Este ano centramos a nosa actividade no Proxecto 100 %Ferrol, pensado para a revalorización dos bens materiais e inmateriais da comarca de Ferrol Terra. Os maiores de DomusvI Ferrol son uns gran entusiastas de todo o que ten que ver coa cultura, historia, gastronomía, música,etc ferrolanas, e son uns perfectos embaixadores e defensores deste patrimonio, por iso dende Ferrol 100% tentaremos dar un empuxon á posta en valor da nosa cidade. Neste Nadal, adicamos o noso photocall á emblemática Porta do Dique. Vos deixamos unhas fotiños!
)
)
)
)