XORNADA DE RECICLAXE CON ECOEMBES

Publicado el 25 de agosto de 2022

Onte, día 25 de agosto, tivemos pola tarde unha visita para aprender e resolver dúbidas entre as nosas persoas residentes. Acompañounos unha rapaza de ecoembes cunha actividade un pouco diferente para aprender a reciclar: un bingo! Sacábanse aleatoriamente tarxetas que dentro traían un resíduo diferente (pilas, comida, xoguetes, latas, botellas, panos...) e quen o tuvera no seu cartón debería marcalo, para así cantar primeiro a liña e posteriormente o bingo. Mentres se sacaban as tarxetas, explicábase en qué contenedor debería ir de todos os que tiña montados no salón. Ás dúas persoas que cantaron a liña e o bingo déronlle un pequeno detalle. Por aquí vos deixo algunhas imaxes da tarde de onte.

Más noticias