XERONTOLIMPIADAS EN FAMILIA
Publicado el 18 de julio de 2022
Boas! Para a semana, o martes 26 de xullo, celebraremos no centro unha xornada pola tarde con xogos populares nos que poderán participar todas aquelas persoas que queiran. As persoas familiares poderán acompañar á persoa residente, sempre e cando se pida cita previa e se manteña a mascarilla en toda a visita. Poderase participar naquelas probas que se queira e estarán supervisadas polo persoal do centro, que anotará as puntuacións, e ao final determinaranse as persoas gañadoras de cada proba, obtendo así un premio a cada residente que gañe a proba e toda aquela persoa que participe recibirá un diploma. Por que facemos este día as xerontolimpiadas en familia? Porque este mesmo día é o día do avó e da avoa, no que a ONU determinou este día como aquel para concienciar contra a discriminación das persoas maiores, chamando a atención sobre os estereotipos negativos e as ideas falsas do envellecemento. Dende a residencia DomusVi Cangas, esperamos que vos animedes a vir a participar neste día un tanto diferente para as nosas persoas residentes! #AbuelolimpiadasDomusVi Un saudo, Fran.
)
)
)
)
)