SAN XOÁN

Publicado el 24 de junio de 2021

Hoxe por fin chegou o día, o 24 de xuño tan esperado, San Xoán, no que despois de taaaanto, tanto tempo, volveron as festas á nosa residencia, grazas á boa xestión da pandemia a nivel global e a nivel individual como centro. Non se podía comezar o verán e a volta das festas de mellor maneira. Onte, 23 de xuño, fixéronse pola tarde as augas de San Xoán, para comezar hoxe pola mañá lavando todas as persoas a cara con elas, despois de deixalas pola noite fora. Pola mañá fíxose unha tertulia sobre San Xoán, incluindo nela cousas coma; cómo se sentían ao celebrar este día, cómo o facían antes, e outros temas que ían surxindo pouco a pouco. Xa pasando á tarde chegou a gran festa, sobre as tres e media baixáronse a todas as persoas residentes ao exterior do centro, para poder disfrutar do bo día que facía. Inicialmente amenizouse a merenda ás catro con música e charlas entre residentes, de éstes co persoal, e incluso coas visitas que disfrutaron tamén da tarde. Cando rematou a merenda queimouse a sardiña que se fixera os pasados carnavais nunha fogueira, para finalmente rematar cunha actuación dun dúo con acordeóns. E... Iso non é todo! Para rematar a tarde, bebeuse a queimada e cenáronse sardiñas, pan de millo e empanada, o día foi fantástico, 10 de 10, e esperamos que a partir de agora poidan celebrarse máis días coma este. Por aquí vos deixo algunhas fotos do día! Un saudo.

Más noticias